viernes, 26 de abril de 2024

BASILIO LOSADA, DALLE NOME A UNHA BIBLIOTECA

Antonio Risquez, alcalde de LLagosta, Basilio Losada e Xosé Luis Salgueiro, presidente de Alborada
A Agrupación Cultural Galega Alborada da Llagosta , (Barcelona) inaugura a súa biblioteca, que dese agora leva o nome do profesor Basilio Losada Castro, unha homenaxe que os galegos da LLagosta, lle fan ao primeiro Catedrático de Filoloxía Galaico Portuguesa da Universidade de Barcelona. O acto tivo lugar o pasado Venres día 12 de novembro, na sede da Entidade.
Con este acto, A.C.G. Alborada deixa totalmente acondicionado a súa nova sede social que inauguraba hai dous anos. Coa inauguración da súa biblioteca, a localidade de a LLogosta convertese no primeiro lugar no que o nome da Basilio Solada soará para sempre ao referirse a unha biblioteca, e como dixo el mesmo, non podía ser unha cousa mellor, o mellor agasallo que alguén lle podía facer, darlle o seu nome a unha biblioteca, para el é algo así como seguir para sempre remexendo entro libros, os libros foron a pasión da súa vida, tanto que foi capaz de coller un avión desde Barcelona a Londres para mercar un libro, chegar alí mercalo e dar a volta, ou a Mdrid, ao longo da súa vida chegou a ter a redor de 20.000 libros, boa parte deles formaran a base literaria de Biblioteca de Galicia que se inaugurará dentro de pouco, e outros poucos irán dentro duns días a biblioteca que se acaba de inaugurar co seu nome na A.C.G. Alborada, a redor de 1.000 serán a primeira entrega, que se suman aos que xa ten atesourado a entidade, deste xeito cuns 3.000 exemplares para comezar, así esta biblioteca convertese nunha das máis importantes das entidades galegas en Cataluña.
Pola súa banda o presidente de Alborada, Xosé Luís Salgueiro, significou a ledicia da entidade que preside por poder contar cun espazo de lectura para tódolos veciños da Llagosta e demais xente que se queira acercar á biblioteca, que será aberta ao publico en xaral, e que lle dea o seu nome dun dos galegos emigrados a Cataluña, máis ilustres, e agradeceulle a Basilio Losada que acedera a formar parte da Entidade, así como a apartación ao fondo bibliográfico da mesma.
Neste acto, tanto Basilio Losada como a entidade organizadora, estiveron arroupados por moitos amigos e autoridades, sinalando a plena participación do Concello da LLagosta co seu alcalde Antonio Risquez ao fronte, que dixo sentirse moi gozoso e agradecido de que a partir de agora o seu municipio se converta, aínda máis, nun lugar de interese cultural galego. Tamén agradeceu a presenza de autoridades como o representante da Xunta de Galicia, Andres Castro (subdirector da comunidades galegas no exterior), do concelleiro de cultura do Concello de Lancara, Andres Caballeo, -Lancara é o municipio natal de Basilio Losada-, Manuel Ruiz, portavoz do PP no Parlamento de Galicia, Jordi Turul, deputado de CIU no Parlamento Catalán e a Consellera do Goberno Catalán, Monserrat Tura, así como outras personalidades do mundo da cultura e do asociacionismo galego en Cataluña.
Basilio Losada Castro (Láncara, 1930), foi o primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Barcelona, é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira.
Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, Pere Gimferrer.. En 1991 recibiu o premio Nacional de tradución, concedido polo Ministerio de Cultura. Así mesmo, o ano 1984, foi galardoado coa Cruz de Sant Jordi, concedida pola Generalitat de Catalunya, ademais recibiu outros galardóns como a Medalla Castelao, da Xunta de Galicia, a Comenda da Orden do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués, a Orden do Cruzeiro do Sul, de Brasil.
En Cataluña sempre estivo moi ligado á colectividade galega, colaborou practicamente con tódalas entidades galegas, sempre desinteresadamente, dando conferencias, colaborando en publicacións, en xurados ou en calquera outra actividade que se lle pedira, e sigue colaborando, o seu compromiso coa emigración galega en Cataluña é eloxable, estes día participa no xurado do Certame Literario Rosalía de Castro, e noutras actividades, a súa apartación ás entidades galegas é impagable.
Xubilouse como catedrático o ano 2000, aínda que continúa impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas e na UB. Aos seus 70 anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (con tradución ao italiano de Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto.
Viladecans, 17 de novembro de 2010
Antonio Díaz Fernández