viernes, 26 de abril de 2024

XUNTANZA, NA LIGA GALEGA DE BANDAS DE GAITAS

Banda de Gaitas XUNTANZA
Unha longa viaxe de máis de dous mil quilómetros coa Banda de Gaitas XUNTANZA de Cataluña, para participar na primeira fase do Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas, celebrado o Sábado 31 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela e organizado pola Asociación Galega de Bandas de Gaitas.

Tres autocares máis de cen músicos, gaitas, tambores etc., a grande maioría mozas, xovenes de a redor de 20 anos de medias, despois dunha noite viaxando chegamos a Santiago, pois alí se celebraba o acto, no que a banda revelación, XUNTANZA de Cataluña participou na primeira división, e na terceira coa banda Júniors, entra unha trintena de bandas máis de distintos lugares de Galicia, así como se de fútbol de tratase.

�? o segundo ano que a Banda de Gaitas XUNTANZA participa neste evento, con este nome, desde que se xuntaron para este proxecto as entidades: Casa Galega de Hospitalet, A.C.G. Rosalía de Castro de Cornella, Toxos e Xestas de Barcelona, e a A.C.G. Agarimos de Badalona que se incorporou este ano, mais, os seus compoñentes xa son veteranos, pois as tres primeira levan moitos anos participando individualmente neste evento, con notables éxitos a pesar das circunstancias e impedimentos que ten estar a moita distancia.

Os mozos e mozas de XUNTANZA aspiran a algo máis que participar neste evento, teñen claro que o seu principal obxectivo é participar facéndoo ben, divulgar a súa musica e danza, que por certo fano MOI BEN, cualitativamente coido que é o mellor proxecto e mellor banda das que participan, aínda que todas son boas, e tamén son conscientes que isto é moi difícil, xa que para unha banda de fóra de Galicia finalizar a competición nos primeiros postos é practicamente imposible, por razóns incomprensibles, senón que o seu nivel sexa moi superior a tódalas demais bandas que participan. Actuaron o Sábado pola mañá os Júniors e pola tardiña a banda A, 6 minutos cada unha, non sei se merece a pena facer máis de 2.000 quilómetros para 6 minutos de actuación, ao final nos decepcionou un pouco, a puntuación que lle deron a banda A, dous dos doce compoñentes do xurado.

Agardamos vernos na segunda fase a finais de xullo haber como evoluciona, XUNTANZA estará alí.

Banda de Gaitas XUNTANZA é un proxecto que nace, vai facer tres anos, da fusión de tres proxectos existentes dentro dese mesmo número de entidades culturais galegas en Cataluña. Baixo tres premisas fundamentais, Xuntanza une a tres entidades, tres cidades, tres xeitos de integrarse na sociedade catalá mantendo a idiosincrasia galega. A día de hoxe xa son catro as entidades baixo o nome de XUNTANZA: A Casa Galega de Hospitalet (entidade fundada en 1987, con máis de 700 socios), a Escola de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona (fundada en 1977, con máis de 400 socios) e a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (fundada en 1980, con máis de 700 socios) e este ano incorporouse a A.C.G. Agarimos de Badalona (con máis de 400 socios). Catro entidades que se xuntaron neste proxecto para traballar desde a unidade, o apoio á mocidade e a promoción das nosas dúas culturas, as nosas dúas terras, Galicia e Cataluña. XUNTANZA é o resultado dun esforzo compartido, destas premisas de unidade, mocidade e cultura. �? máis que unha banda de gaitas ou un grupo humano. �? un exemplo de compromiso pola musica galega, de respecto aos valores que nos fan cidadáns dun país como Cataluña, de unidade de esforzos, de recursos, de talentos.

XUNTANZA está composta por máis de 300 mozos e mozas (de 6 a 30 anos) que conforman unha estrutura estable: unha banda de gaitas de máis cen integrantes que representa a Galicia e a Cataluña en diversos actos institucionais, unha banda de gaitas Júnior de 60 integrantes cos mesmos obxectivos aínda que de menor idade e currículo, unha escola permanente de música e baile tradicionais, folclore e solfexo, cun gran cadro de baile (uns 60 integrantes), varios grupos de cantareiras (unhas 40 integrantes) e un grupo de percusionistas e pandereiteiras (duns 50 integrantes) cun repertorio tradicional galego variado e moi representativo, cun repertorio de música de cine (bandas sonoras coñecidas internacionalmente) e cun repertorio de música tradicional catalá que incorpora instrumentos tradicionais como, o sac de gemecs, a gralla e o flaviol.

XUNTANZA é, en definitiva, o resultado de case 30 anos de investigación, de formación, de compromiso e de integración dos nosos novos valores a un proxecto sociocultural, a un proxecto de compromiso cívico, de asociacionismo consciente e voluntariosos, de aposta polo talento, a formación e a dedicación, en suma, un proxecto de país.

�? agora a hora de pór sobre os escenarios todo ese talento, toda esa capacidade, todos eses anceios e ilusións. Grazas ao compromiso dos integrantes de XUNTANZA, ao esforzo dos seus pais e nais, ao traballo de tódolos socios e as súas respectivas xuntas directivas das catro entidades, ao apoio dos paisanos e veciños, e a inestimable colaboración das institucións: Xunta de Galicia, �??Generalitat de Catalunya, Deputación de Barcelona, Ajuntament de Cornellà, Ajuntament de Barcelona, Ajuntament de L�??Hospitalet, Ajuntament de Badalona e Fundacio la Caixa�?�, é posible este proxecto que hoxe augura un futuro prometedor, máis alá da Liga de Bandas de Gaitas, xa que esta, aínda que é importante, non é o seo único obxectivo, nas vindeiras datas agárdannos lugares como: Glasgow, Suíza, Estado Unidos, Cataluña e Galicia, entre outros.

Antonio Díaz Fernández