viernes, 26 de abril de 2024

Xares acolleu a xuntanza de entidades culturais galegas de Cataluña 2009

Organizada pala Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, celebrouse en Xares (Ourense) os días 11 e 12 de agosto a xuntanza/trobada de emigrantes galegos residentes en Cataluña, durante a cal se levaron a cabo diversos actos de interese, como exposicións, conferencias etc., aglutinando en Xares a máis de 300 galegos residentes en Cataluña. As actividades comezaron o día 11 pola tarde coa inauguración dunha exposición de pintura no Hotel el Ciervo de Xares rexentado por Carlos Parra, que se converteu durante o mes de agosto nun excelente escaparate de arte e cultura. A exposición na que baixo o titulo �??Pinceladas terapéuticas�?� a pintora natural de Xares e residente en Barcelona, Amparo Centeno Prieto, amosou unha mostra significativa da súa obra, 21 cadros en acuarela e pastel nos que amosa diversos temas que van desde as paisaxe ata os artefactos de labranza da zona, e unha alegoría aos froitos da natureza como símbolo de vida. Na presentación da súa primeira exposición en Galicia Amparo estivo arroupada pola Tenente de Alcalde e Delegada de Cultura do Concello de Cornella (Barcelona) Rocio García Pérez, así como do alcalde de A Veiga Fernando Fernández, o presidente da federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña Luís Lamas, e diversas personalidades máis, veciños e amigos de Xares e de Cornellá. O escritor Xosé Carlos García fixo a presentación da obra e maila personalidade da pintora de quen destacou o seu afán de traballar pola vida sociocultural desde a súa chagada á cidade de Cornellà hai xa máis de tres décadas, así como pala cultura galega en xeral dentro da colectividade galega en Cataluña, a tamén o impagable traballo que está a facer no eido da igualdade da muller e o maltrato de xénero desde diversos entes municipais de Cornella e desde a Vicepresidencia da Asociación �??Cornellá per le Dones�?�. Da súa obra significou que é un vivo reflexo da súa intensa vida social e cultural plasmada nas pinceladas dos seu caros. A devandita exposición pódese ver nas dependencias do Hotel El Ciervo ata mediados de setembro.

Unha conferencia do profesor da Universidade de Barcelona, Camilo Fernández Valdehorras na que baixo o titulo �?? Polos camiños de Santiago aos cumios de Gallaecia; as terras da Veiga de Trabinca, paraíso a descubrir?�?� falou tanto do Camiño de Santiago como da Comarca de Valdeorras, a relación entre si, e de Trevinca como cumio de unión entre as tres provincias que lle dan o seu nome, Ourense León e Zamora, tamén fixo unha reseña das súas posibilidades turísticas etc.

O 12 pola mañá, despois dunha visita cultura ao Santuario das Ermidas e ao museo etnográfico �??Pepe do Barrio�?� de Lamalonga, houbo unha recepción no Concello de A Veiga, a redor de cincocentas persoas se deron cita no polideportivo da Vila onde a Corporación Municipal recibiu aos visitantes así como aos organizadores, despois de que as Bandas de Gaitas Toxos e Xestas de Barcelona e a do Concello de A Veiga fixeran unha foliada polos rúas da Vila, os dirixente da Federación de Entidades Galegas de Cataluña fixeron o acto de irmandade co Concello de A Veiga intercambiando regalos representativos da Veiga e Cataluña, o alcalde de A Veiga aproveitou para agradecer ás entidades galegas de Cataluña a labor que están ha facer, a sobre todo por haber escollido a unha das aldeas da Veiga como é Xares para a celebración deste evento.
Así mesmo tivo lugar un acto de irmandade dos concellos da Veiga e Cornellá (Barcelona), o alcalde da Veiga Fernando Fernández e a tente de alcalde de Cornellá Rocío García Pérez, escenificaron o evento. Este acto foi promovido pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, e o seu presidente Ricardo Pérez Anta natural deste concello, por tal motivo se desprazou a rexedora de cultura de Cornellá a Veiga convidada pola entidade galega de Cornellá.

Polo mediodía no Hotel El Ciervo de Xares celebrouse o Xantar de irmandade ao que asistiron unhas trescentas persoas, entre elas o Secretario Xeral de Emigración de Xunta de Galicia, Santiago Camba, o vicepresidente de a Deputación de Ourense, Moises Blanco e os alcaldes de Ourense, Francisco Rodríguez, o da Veiga, Fernando Fernández, o do Barco de Valdeorras, Alfredo García, o de Petín Ricardo Pérez, e a tenente de alcalde de Cornellá, Rocío García Pérez, entre outras personalidades do mundo da cultura de Cataluña e Ourense. Durante o Xantar gardouse un minuto de silencio polo secretario de Federación e presidente da Asociación Toxos e Xestas de Barcelona Fidel Castro que o pasado mes non deixou, a súa viuda Rocio García que asistiu ao acto recibiu de mas do presidente da Federación Luís Lamas a acta de nombramento de Secretario Honorífico da Federación a titulo póstumo, que lle foi concedido por unanimidades de tódalas entidades que a compoñen. Xa nos postres Edesio Yáñez ex-alcalde de a Veiga e veciño de Xares, dirixiu unha palabras aos asistentes e emocionado agradeceu aos organizadores que escolleran a súa aldea Xares �??para celebrar estas dúas xornadas das que os veciños da nosa aldea non esqueceremos, e nunca poderemos pagar�?�.

Instantes antes do Xantar nos xardín do hotel celebrouse o acto de Homenaxe ao Director da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luís Foxo, que lle rendeu a Federación de Entidades Galegas de Cataluña en recoñecemento a súa labor a prol da Gaita Galega e as Bandas de Gaitas, así como a súa faceta como investigador do mundo da Gaita.

O xornalista Xosé Lois Blanco Campana fixo de Mestre de cerimonia lendo un discurso biográfico do homenaxeado de quen destacou a súa labor en Cataluña como fundador da Escola de Gaitas Toxos e Xestas decana de tódalas Bandas que hoxe existen tanto en Galicia como en Cataluña.

Pola súa banda o Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba como representante do Goberno Galego felicitou a Foxo pola homenaxe e destacou a súa contribución ao mundo da musica e o folclore galegos �??nas terras mediterráneas e irmáns, mantendo viva a nosa expresión cultural e un dos nosos sinais de identidade máis significativos: o son da gaita�?�, gabou a súa figura como musico, compositor, investigador e �??embaixador en medio mundo, dando unha imaxe renovada da musica da cornamusa a moitos mozos e mozas galegas�?�.

Tamén tivo unhas verbas para as entidades galegas en Cataluña ás que lles agradeceu a súa labor a prol de Galicia, é aproveitou este evento para enviarlles unha mensaxe, que traballen pola unidade, e non pola disgregación �??actos de disgregación e rencillas persoais non favorecen a ningén e a Secretaria Xeral non vai apoiar actividades que non favorezan a unidade e o traballo conxunto e en colaboración entre de todas elas�?�.

Pola tarde na area recreativa de Xares houbo a celebración do primeiro Campionato de Bolos Celtas, xogo típico desa zona de Galicia, con tres premios de 300, 200 e 100 �?� respectivamente, os gañadores foro dos veciños de Xares e un de Requeixo. E a festa continuou coa actuación do cantautor galego residente en Barcelona Alfredo González e a actuación musical do grupo FIADEIRO.