sábado, 27 de abril de 2024

UN ARLEQUIN PAR TRES GALEGOS DE CRENZA

Pura Salceda, Manoel Carrete e Monolo Valdes
O pasado 12 de novembro, celebrouse no Centro Cultural da Vila da localidade da LLagosta (Barcelona) un concerto da cantante galega de orixe portugués, MARIA DO CEO, organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, que preside o Sr. Luís Lamas, co gallo do seu XX aniversario, durante o cal se deron os primeiros galardóns, Arlequín Dourado.
MARIA DO CEO deleitou ao aforo do Auditorio, que estivo cheo, cos seus cantares, un concerto dos que deixaron pegada na vila da Llagosta, e mesmo na A.C.G. Alborada que colaborou na organización do evento. María do Ceo cantou nos tres idiomas que a caracteriza, Portugués, Castelán e Galego, as súas cantigas sumiron ao publico nun ambiente musical eclíptico, pero moi cércano, bagoas de emoción, silencios e aplausos, i emocións foron a resposta dun publico entregado, gozando da beleza que saia do escenario, na voz e no esplendor musical dunha grada artista galega como é MARIA DO CEO.

Nos intervalos do concerto de María do Ceo a FEGALCAT, entregou varios galardóns a persoas que destacaron pola súa contribución profesional ao desenvolvemento da colectividade galega en Cataluña.
Os agasallados co Arlequín Dourado da FEGALCAT, foron a poeta Pura Salceda, o historiador Manoel Carrete e o director do programa de radio en galego Lonxe da Terra, Manolo Valdes.

Pura Salceda Carballeda, naceu en México en 1961, pero reside en Barcelona desde os 3 anos. �? licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Filoloxía Románica. Escritora e tradutora, publicou diversas obras, como os poemarios �??Versos de Perra Negra �?? (2005) e Mares Online (2008) e o ensaio �??Ola de donde eres�?� manual de urxencia para navegar nos chats, en colaboración con Andrés Aberasturi. En galego publicou A ollada de Astarté (2007) e coordinou a antoloxía de poesía Erato baixo a pel do desexo (2010). Os seus poemas e artigos foron editados en diferentes antoloxías e revistas literarias de España e Iberoamérica.
Manoel Carrete Rivera, Nacido en Hospitalet, Barcelona (residente oficial no Caurel) realizou os estudos a Licenciatura de Dereito na fundación San Pablo CEU en Barcelona (Abat Oliba), Licenciado en Historia pola Universidade de Barcelona, avogado en exercicio e actualmente Doutorando coa tese sobre a diáspora galega en Cataluña a principios do século XX.

�? vicepresidente de Cultura da FACGALCAT, colaborador do programade radio Lonxe da Terra de Radio Tele Taxi, e colaborador de revistas como Lúa Nova, Alborada e Vento do Leste�?�, e xornais como a Región..
Autor da biografía de D. Tiberio Ávila, publicada pola Deputación de Ourense 2010, do Libro 'Máis que nós, ninguén' publicado polo Concello de Barcelona en 2006. Na actualidade está a piques de saír o seu terceiro libro sobre a emigración galega en Cataluña.

Manuel Valdes Fernández, nacido en Parada do Sil (Ourense) co-fundador e Xerente de Radio Tele Taxi, dirixe o programa de radio en galego máis antigo de Cataluña, Lonxe da Terra, desde fai máis de 30 anos, que se emite en Radio Tele Taxi tódolos Sábados de 8 da tarde a 12 da noite.

Antonio Díaz Fernández