viernes, 26 de abril de 2024

O PROXECTO DE LEI DA GALEGIDADE

As Comunidades Galegas en Alemaña, tras ver na prensa escrita e ser informados da nota de prensa que algúns centros en Suíza publicaron tras unha reunión mantida en Xenebra e na que parece que estudaron o texto do anteproxecto da Lei da Galeguidade que foi debatido na reunión da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, celebrado no mes de novembro en Ourense, debemos sinalar:
Cuxhaven 14.03.2012

Estimados Señores,

Aqui a opinion dos Centros Galegos en Alemaña sobre

O PROXECTO DE LEI DA GALEGUIDADE.

As Comunidades Galegas en Alemaña, tras ver na prensa escrita e ser informados da nota de prensa que algúns centros en Suíza publicaron tras unha reunión mantida en Xenebra e na que parece que estudaron o texto do anteproxecto da Lei da Galeguidade que foi debatido na reunión da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, celebrado no mes de novembro en Ourense, debemos sinalar:

1. Parécenos pouco acertada e aínda menos respectuosa a forma de comunicar o seu rexeitamento a esta proposta de texto lexislativo a través dunha nota de prensa. A Xunta de Galicia , dende o noso punto de vista, está levando este proceso lexislativo con total claridade, transparencia e respectando as canles que a Lei de Recoñecemento da Galeguidade contempla. Na Comisión Delegada celebrada en Ourense se acordou que os seus membros trasladarían a proposta de texto ás comunidades galega s e estas remitirían as súas alegacións no prazo dun mes á Secretaría Xeral da Emigración. Parécenos malicioso que estes centros de Suíza incumpran o acordado polo máximo órgano da galeguidade e ademais busquen enrarecer o clima de acordo xeral e colaboración que se viu neste órgano.

2. Sobre o contido do manifestado polos centros da Suíza, apreciamos que a lectura do texto, mais alá do análise de termos aparecidos neste borrador da Lei, debeu ser apresurada xa que comenten errores de vulto nas súas críticas.

 Polo que apreciamos en Alemaña, esta Lei non recoñece a galeguidade nin a asociacións de carácter empresarial, nin as redes sociais, segundo o expresado na Lei se lles inscribe no rexistro da galeguidade pero non se lles recoñece como comunidades galegas. De todas formas para nos a galeguidade e integradora e non diferenciadora, parece ser que para os directivos que asinan este documento a galeguidade e simplemente cultural e lingüística. Para nós a Galeguidade e a expresión de Galicia �??na súa diversidade e pluralidade- ao longo do mundo.

 Parécenos demagóxico e inxusto acusar a esta Lei de desprezar á língua galega. Os directivos asinantes desta nota de prensa, deberían saber que a Galicia xa ten unha Lei reguladora dos dereitos lingüísticos de Galicia, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia. Este proxecto de Lei fala sobre nos, os galegos do exterior, e nela ademais se recoñece o dereito das comunidades galegas o dereito a fomentar a lingua galega e sinala como actuacións da Comunidade Autónoma de Galicia no eido cultural facilitar o coñecemento da lingua, cultura e tradicións de Galicia. Non se pode ser mais papista que o Papa.

 Parece que os directivos das entidades galegas na Suiza non queren que os galegos do exterior participemos do desenvolvemento económico de Galicia. Eles saberán porqué e eles deberían dar explicacións a tódalas comunidades galegas do sentido que ten recortar un dereito �??novo- que recoñece esta Lei e que nos corresponsabiliza co resto dos cidadáns galegos do progreso da nosa sociedade.

 Consideramos que a promoción da xuventude e a integración desta en postos directivos é fundamental para a supervivencia das entidades galegas no exterior. Rexeitamos e lamentamos profundamente a posición das entidades asinantes deste documento e desexamos expresar o noso apoio e aposta pola integración da xuventude así como da muller nas directivas das entidades.

 A promoción turística de Galicia por parte das entidades non mercantiliza a galeguidade. Desde as entidades galegas en Alemaña temos realizado e seguiremos realizando exposicións e feiras para a promoción da nosa terra, e colaborando co Instituto Galego de Promoción Económica e empresas galegas cando sexa necesario e o soliciten . Debería ser un motivo de orgullo e non de decepción presentar Galicia en tódolos seus ámbitos cultural, económico e turístico.

 Por último, como entidades radicadas en Europa, rexeitamos firme e contundentemente que se queira utilizar aos centros galegos en América para denostar este proxecto de Lei. En Alemaña consideramos aos nosos paisanos en América, irmáns e na Galeguidade, irmáns de sangue, traballo e historia. Non cabe diferenciar a uns de outros. Galicia e unha dentro e fora das súas fronteiras.

Lamentamos que estes directivos de Suíza exclúan ao resto de entidades galegas neste debate e prefiran facer manifestacións de cara a galería. As Comunidades Galegas, abaixo asinantes, creen que é de xustiza dar a nosa opinión sobre este escrito. Sobre a Lei faremos as alegacións que estimemos e que dirixiremos polas canles normais.

Este escrito esta asinado en nome dos siguintes centros
Coordinadora Federal das Asociacions Galegas en Alemaña, Centro Galego de Nuremberg
Grupo Cultural Galego de Troisdorf, Cultural Galega de Hamburgo,
Centro Cultural y Deportivo Galicia Emigrant1972 de Gutersloh
Centro Galego de Hannover, Peña Galega de Munich
Circulo da Cultura Galega e Cabaleiros de Santiago
Centro Cultural Gallego de Cuxhaven

Ramiro Vieito Vilas Albino Abal Nuñez
Coordinador Federal Secretario Federal