viernes, 26 de abril de 2024

Cándido Iglesias Barciela, Galego do ano 2010 en Cataluña

Cándido Iglesias coa súa muller Puri Fernández
Organizada pola asociación de empresarios galegos, �??Foro da Terra Galega�?� que preside Elio Mariano Rodríguez, celebrouse o pasado Sábado 30 de xaneiro no Hotel �??Fira Palas�?� de Barcelona a Cea de Gala na que se condecorou ao empresario D. Cándido Iglesias Barciela, como Galego do ano 2010 en Cataluña. Unha homenaxe que o Foro da Terra Galega rende, desde a súa fundación hai dez anos, a galeg@ residentes en Cataluña que ao longo da súa traxectoria persoal e profesional destacaron na promoción e difusión da Galicia, dos seus produtos e da súa cultura.
Este ano 2010 no que o Foro da Terra Galega celebra o décimo aniversario considerou facerlle honra a un dos empresarios da hostalería galega en Cataluña de máis recoñecido prestixio, a quen, sen lugar a dubidas, podemos consideralo como o baluarte da gastronomía galega ademais doutras actividades empresariais nas que na súa marca persoal, sempre atopamos a �??G�?� de Galicia.
Cándido Iglesias Barciela, nace na localidade de Guizán (Pontevedra) alí a beira do aeroporto de Vigo, pasa os seus primeiros sete anos de vida ata que a súa familia se traslada a Ourense, cidade na que o seu pai rexenta unha Fonda na Avenida de Portugal, �??aí naceume a miña afición pola hostalería�?�. O seu espírito aventureiro levoulle a que aos catorce anos, collera a maleta para ir a percorrer mundo.
Na estación de Ourense cando ía a cólle-lo tren para Madrid, de súpeto mudou de idea e colleu destino a Barcelona, na compañía dunha maleta e catro pesetas, e despois de 36 horas de viaxe no �??Changai�?�, chega á Cidade Condal na que comezou a traballar na hostalería. O seu espírito emprendedor e rigor profesional logo o levou a converterse en empresario do sector, chegando a rexentar a flor e nata da Hostalería Galega en Cataluña.
Os seus restaurantes Rías de Galicia, a Cañota e Panduriño, entre outras empresas que rexentou son o máximo expoñente d a gastronómica galega de fóra de Galicia. Xa en 1996 cando se fixo cargo da presidencia da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX) nos confesaba nunha entrevista que fixemos, �??�?�a miña ilusión era a meta que agora teño; crear una familia que é do que máis orgulloso me sinto, una familia unida e cun medio de vida que nos da para vivir ben a todos�?��?�. Hoxe sigue valorando a familia como a mellor inversión que fixo, e o seu investimento en cariño como o mellor capital recolleito.
Casado e con tres fillos completamente integrados nas empresas familiares, actualmente atópase nun momento de proxección no futuro. Membro das principais asociacións hostaleiras, a súa máxima foi sempre defender o galego no exterior. Nestes momentos preside e dirixe o �??Holding Candigles�?� no que se aglutinan as empresas familiares: Rías de Galicia, Hostalaría Fogo, Marisqueiro Panduriño e Guizamba (Sociedade de Investimentos Inmobiliarios), así como a cadea de restaurantes �??Punto G�?�, o proxecto máis recente, xunto con �??Gastrojoyería�?�, un servizo de catering de alto standing. A maioría delas pertencen ao sector da restauración. A máis antiga, Marisqueiro Panduriño, creouse nos anos 70 e en pouco tempo consagrouse como un dos restaurantes galegos de éxito en Barcelona. Cándido Iglesias e a súa muller, Purificación Fernández, apostaron en 1986 pola creación de Rías de Galicia, actualmente unha das marisquerías máis visitadas da cidade, con abundantes premios e galardóns no seu palmarés, en 1992 abriu as súas portas Brasería Cañota que, seguindo a mesma liña de calidade que os anteriores, supuxo a ampliación da oferta gastronómica de Cándido Iglesas. A creación do �??Holding Candigles�?� que aglutina tódalas súas empresas, é a súa aposta polo futuro, con novos proxectos, como a creación hai pouco máis de dous anos da �??Cadea de Restaurantes �?? Punto G�?�, (G de Galicia) que a familia Iglesias emprende con ilusión e co aval de máis de cinco décadas de experiencia neste sector fixeron que os obxectivos ata agora fixados sexan unha realidade.
No mundo asociativo foi e é promotor e participe de diversas asociacións: Membro dos Amigos da Cociña Galega, fundador do grupo de restaurantes Mareusa, organizadores da �??Semana da Cociña Galega en Cataluña, fundador e presidente ata 1999 da Enxebre Xuntanza do Percebe, organizadores de �??La Gran Noche de Galicia en Barcelona�?� . Foi presidente da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Andorra de 1993 ata 2000 e presidente de FGAEX (Federación de Empresarios Galegos no Exterior de 1995 ata 1998, membro profesional Magister da Asociación Maxistral de Gastronomía; Membro de Grup 25 Barcelona, organización que aglutina aos 25 mellores restaurantes que representaron a Cataluña na Expo de Sevilla -onde foi galardoado co Recoñecemento á mellor calidade- e Zaragoza. Ademais tanto a nivel persoal como empresarial sempre estivo á beira da Colectividade Galega en Cataluña, colaborando e apoiando economicamente a proxectos culturais que as asociacións galegas levan a termo.
Ao longo da súa traxectoria profesional, Cándido Iglesias recibiu numerosos premios e condecoración: Premio Nacional de Gastronomía en 1987 e Medalla de Prata 1996 (Xunta de Galicia); �?scar á Popularidade en 1988; Colar da �??Chaîne deas Rostisieres�?�; Prato de Ouro (1988 e 1989); Colar de Ouro (1989); Gran Colar da Gastronomía Internacional; Colar de Encoménda Nacional de Gastronomía en Portugal; Medalla ao Mérito Turístico da Xunta de Galicia (1989); Caballero da Orde de San Miguel das Viñas; Centola de Ouro O Grove (1994); �??Membre Gourmet desgustateur�?� ; Premio ao mellor Restaurante Galego no Exterior (Xunta de Galicia, TVG, 1996); Alvariñense de Honra de Cambados (1996); master da Cociña Trofeo de Pesca (Madrid, 1997); cabaleiro da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago (1998); Tenedor de Ouro O Xornal (1998); medalla ao Mérito Profesional (1998); membro de Restaurantes da Boa Mesa (1999); membro da Enxebre Orde dá Vieira; cabaleiro dá Lúa Rivababia (1999) e Gran Colar de Ouro Radio Turismo- (2000).
Ademais nos últimos tempos a súa teima pola conservación da natureza levouno a crear en Cataluña a Asociación �??Amigos da Marronda�?� un espazo natural situado no Concello de Baleira (Lugo) de onde é natural a súa muller, converténdose así no seu principal divulgador, por este motivo o Concello de Baleira fíxoo Fillo Abdotivo, galardón do que el se sinte máis ilusionado.

Antonio Díaz Fernández