sábado, 27 de abril de 2024

A PEGADA GALEGA EN LLEIDA

Portada revista
Hai uns días asistía, na cidade de Lleida, ao aco de presentación da 23 edición da Revista �??XURDIMENTO�?�, un anuario que edita o Centro Galego de Lleida desde ha xa máis de catro lustros, e no que se fai un pormenorizado balance das actividades realizadas durante o ano en curso, así como outros traballos de interese.

A presentación do anuario foi apadriñada por Josep Giné Badia, �??Sindic de Greuges�?� (Defensor do Pobo) do Concello de Lleida, e no que o presidente do Centro Galego, Xosé Terceiro agradecía a presenza de torolos presentes, socios, amigos e simpatizantes que os acompañaban, e moi especialmente ás distintas autoridades locais, entre outros o Deputado do �??Parlament de Catalunya�?� D.Francesc Pané, o Concelleiro de Participación Cidadá, D. Joan Gómez, os concelleiros D. Ramón Camats e D. Ismael Zapater, a Directora de Política Lingüística da �??Generalitat de Catalunya�?�, Paquita Sanvicens, o Presidente da Federación de Casa Rexionais de Lleida D. Cosme García Mir, o Presidente da Casa de Aragón D. Jesus Monter, o presidente do Centro de Castela e León D. Oscar Sánchez e, o presidente da Casa de Andalucia D. Jordi Solana,así como o profesor Xulio Couxil, coordinador da revista, xunto coa poeta e directora da Coral Gengallei Rosa González Mahía, entre outras personalidades.

Nas 120 paxinas que conten a revista podemos ler diversos traballos xornalísticos, escritos tanto en Galego como en Catalán ou Castelán, asinados por escritor@ como : Rexina R. Vega,Pura Salceda,Noelia Rodríguez, Federico Pumar de la Iglesia, Julián Melero, ou o catedrático, Ismael Zapater,o historiador Manoel Carrete,o xornalista Jordi Curcó, así como outros amigos e socios do Centro que fan as súas colaboracións escribindo de temas culturais e socias de moito interese, e reportaxes de temática galega como o Xacobeo, os viños galegos ou a reserva da biosfera do Xures etc�?�

Asemade durante a Semana Cultural, Lleida acolleu outras actividades como o dia da inauguración, 8 de Febreiro, coa exposición de Manualidades que preparou a Vocalía da Muller do Centro, na que amosaron os traballos realizados durante o curso. Acto no que a súa coordinadora María Alba Gil explicou con detalle cada unha das pezas expostas todas elas feitas con esmero, polas mulleres da vocalía.
Ademais do numeroso público asistente,estiveron acompañados pola �??Rexedora�?� do Concello de Lleida, Dna. Neus Brocal Mañas responsable de Política de Igualdade e tamén a �??Rexedoras�?� Dna. Bea Obis Aguilar.

O mércores día 10 de febreiro, celebrouse unha conferencia a cargo da sicóloga María Mesalles Villanueva, baixo o título �??Violencia de xénero�?�. O acto foi dun gran interese para tódolos asistentes, no que tamén estiveron acompañados da �??Rexedora�?� Dna. Neus Brocal Mañas e tamén do �??Rexedor�?� D. Alex Guallar Tasies. Ao finalizar, deu comezo unha quenda de intervencións dos asistentes, finalizando coa entrega polo Presidente da Entidade Xosé Terceiro, dun agasallo á conferenciante.

O xoves día 11,levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e simpatizantes do Centro fixeron para degustalos logo, entre tódolos asistente a xornada gastronómica.

O Domingo día 14, fixeron o peche da Semana da Cultura Galega en Lleida, coa celebración dunha misa, na igrexa parroquial de Sant Jaume, na que Coral CENGALLEI do Centro, interpretou a parte musicada e cantada de mesma.

Polo mediodía no local social da Entidade, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios na que seguindo a orde do día procedeuse a ler a acta da asemblea anterior que foi aprobada por unanimidade, así como o estado das contas da Entidade, e mailos orzamentos para ao ano 2010.

E como ultimo punto do día, procedeuse a elixir a nova Xunta Directiva, quedando constituída da seguinte forma:
Presidente: D. Xosé Terceiro Folgar
Vicepresidente 1º: D. Carlos Alonso Bellmunt
Vicepresidente 2º: D. Xosé Luís Raposo Toja
Secretario: D. Eligio Suevos Otero
Vicesecretario: D. Daniel Vila López
Tesoureiro: D. Luís Trigo Domínguez
Vocais:
Dª. Dolores Blanco Roo
D. Xosé Domínguez Rodríguez
Dª. Marta Roige Mostany
Dª. María Alba Gil Bardanca
D. Antonio Sanmartín Sanmartín

Barcelona, 24 de febreiro de 2010.
Antonio Díaz Fernández