sábado, 10 de diciembre de 2022

La Secretaría de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense informa que las deudas tributarias en Alemania prescriben a las 7 años

Luis Gulín web
Luis Gulín, secretario Provincial de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense

Luís Gulín afirma que “la problemática reside en que algunos tienen que abonar, de forma especial, los años fiscales 2016-2017”, y según manifiesta “a la hora de solicitar la devolución de ése período fiscal por doble imposición, la Hacienda de España alega que no procede”.

El PSdeG-PSOE de Ourense, a través de su Secretaría Provincial de Migraciones, informa de que las deudas tributarias prescriben a los 7 años en Alemania. Explican que en los últimos días están recibiendo consultas de emigrantes retornados del país germano que fueron requeridos por la Hacienda alemana por el pago del llamado impuesto del 5% sobre las pensiones que se perciben de ése país.

Según apuntan desde el área de migraciones del PSOE ourensano “varios retornados recibieron cartas de Alemania instando a abonar el impuesto correspondiente al período 2016-2021, con la opción de pagar la elevada carga tributaria en cuatro plazos, siendo el impuesto para abonar, en algunos casos, superior a los 5.000 euros”. El secretario Provincial de Migraciones de la ejecutiva provincial socialista, Luís Gulín, afirma que “la problemática reside en que algunos tienen que abonar, de forma especial, los años fiscales 2016-2017”, y según manifiesta “a la hora de solicitar la devolución de ése período fiscal por doble imposición, la Hacienda de España alega que no procede al estar ya prescrito el tiempo de rectificación, siendo solo posible desde el 2018 en adelante”.

La disparidad en la legislación tributaria entre España y Alemania reside en los diferentes plazos de prescripción (España 4 años y Alemania 7 años), y en los períodos de la declaración de la renta. En Alemania, finalizó el 31 de octubre de este año el plazo para el año fiscal 2021 si se presenta personalmente ante Hacienda. En caso de recurrir a un asesor fiscal (Steuerberater), o a las populares asociaciones de ayuda y defensa del contribuyente, (Lohnsteuerhilfeverein), la declaración de la renta 2021 tiene plazo hasta el 31 de agosto de 2023.

Desde el área de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense vienen insistiendo en los últimos años, a través de las diversas sesiones informativas realizadas por toda la provincia, en la “obligatoriedad de darse de alta en la Agencia Tributaria alemana si se cobra una pensión por primera vez desde el 1 de enero de 2015”. "Nos encontramos muchas veces con retornados que manifestaban percibir pensiones desde el año 2015, y no tener ninguna reclamación hasta la fecha de la Hacienda de Alemania", manifiesta el secretario Provincial de Migraciones, Luís Gulín. 

"Al analizar los ingresos correspondientes, bastantes con dos o tres pensiones, advertimos del riesgo que corrían y se les informó cómo es el camino para darse de alta ante la Hacienda alemana para evitar problemas en el futuro”, destaca Gulín, que también apunta que “se les explicó el trámite para solicitar posteriormente a la Hacienda española la devolución de esos impuestos pagados a Alemania".

Desde el área de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense se ofrece la posibilidad de informar como tramitar el alta ante Alemania, si procede según los ingresos, o cualquier otra duda sobre el tema, solicitando cita previa en el teléfono 988 37 03 86.

____________________________________________________________________________________________________

A ÁREA DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE DE OURENSE INFORMA AO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS DE QUE AS DÉBEDAS TRIBUTARIAS EN ALEMAÑA PRESCRIBEN AOS SETE ANOS

Nos últimos días están a recibir consultas de emigrantes retornados do pais xermano que foron requiridos pola facenda alemá ao pago do chamado imposto do 5% sobre as pensións que se perciben deste país

Luís Gulín, afirma que “a problemática reside en que algúns teñen que abonar, de forma especial, os anos fiscais 2016-2017” e segundo manifesta “á hora de solicitar a devolución dese período fiscal por dobre imposición, Facenda de España alega que non procede”

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da súa secretaría provincial de migracións, informa de que as débedas tributarias prescriben aos 7 anos en Alemaña. Os e as socialistas explican que nos últimos días están a recibir consultas de emigrantes retornados do pais xermano que foron requiridos pola facenda alemá ao pago do chamado imposto do 5% sobre as pensións que se perciben deste país.

Segundo apuntan dende a área de migracións do PSOE ourensán “varios retornados recibiron cartas de Alemaña instando a abonar o imposto correspondente polo período 2016-2021, coa opción de pagar a elevada carga tributaria a catro prazos, sendo o imposto para abonar nalgúns casos superior aos 5.000 euros”. O secretario provincial de migracións da executiva provincial socialista, Luís Gulín, afirma que “a problemática reside en que algúns teñen que abonar, de forma especial, os anos fiscais 2016-2017” e segundo manifesta “á hora de solicitar a devolución dese período fiscal por dobre imposición, Facenda de España alega que non procede ao estar xa prescrito o tempo de rectificación, sendo só posible desde o 2018 en diante”.

A disparidade na lexislación tributaria entre España e Alemaña reside nos diferentes prazos de prescrición (España 4 anos e Alemaña 7 anos) e nos períodos da declaración da renda. En Alemaña, finalizou o 31 de outubro deste ano o prazo para o ano fiscal 2021 se se presenta persoalmente ante Facenda. En caso de recorrer a un asesor fiscal (Steuerberater) ou ás populares asociacións de axuda e defensa do contribuínte (Lohnsteuerhilfeverein), a declaración da renda 2021 ten prazo mesmo ata o 31 de agosto de 2023.

Desde a área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense veñen insistindo nos últimos anos, a través as diversas sesións informativas realizadas por toda a provincia, na “obrigatoriedade de darse de alta na Axencia Tributaria alemá se se cobra unha pensión por primeira vez desde o 1 de xaneiro de 2015”. "Atopámonos moitas veces con retornados que manifestaban percibir pensións desde o ano 2015 e non ter ningunha reclamación ata a data da Facenda de Alemaña", manifesta o secretario provincial de Migracións, Luís Gulin. 

"Ao analizar os ingresos correspondentes, bastantes con dúas ou tres pensións, advertimos do risco que corrían e informóuselles como é o camiño para darse de alta ante a facenda teutoa para evitar problemas no futuro”, subliña Gulín que tamén apunta que “explicóuselles o trámite para solicitar posteriormente á Facenda española a devolución deses impostos pagos a Alemaña". Desde a área de migracións dos e das socialistas ourensás ofrécese a posibilidade de informar como tramitar o alta ante Alemaña, se procede segundo os ingresos, ou calquera outra dúbida sobre o tema, solicitando cita previa no teléfono 988 37 03 86.