viernes, 26 de abril de 2024

El PSdeG-PSOE de Ourense informa de la subida de las pensiones alemanas

El secretario provincial de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín

El PSdeG-PSOE de Ourense, a través de la Secretaría Provincial de Migraciones explica que el gobierno alemán informó que a partir del 1 de julio, las pensiones alemanas aumentarán un 4,39%. De esta forma, y tal y como apuntan desde el PSOE ourensano, “un pensionista que hasta el 30 de junio recibe una pensión de 1.000€, recibirá en el mes de julio 1.043,90€”.

Desde el área de migraciones de la Ejecutiva Provincial Socialista apuntan que este aumento “beneficiará a miles de ourensanas y ourensanos emigrantes retornados que perciben una prestación de jubilación, invalidez o viudedad de Alemania”. Apuntan que a lo largo de los meses de julio y agosto los retornados con pensión alemana recibirán una comunicación de la Deutsche Rentenversicherung informándoles del aumento acordado.

El secretario provincial de Migraciones, Luís Gulín, recuerda al colectivo de retornados, especialmente a los que sólo cobran pensión alemana y ninguna española, que “deben guardar esa comunicación para la declaración de la renta 2023 a presentar el año que viene, para justificar los gastos deducibles de las cantidades detraídas a las pensiones para tener asistencia sanitaria y prestación de dependencia en España”.

Desde el principio de la campaña de la declaración de la renta, la Secretaría Provincial de Migraciones está recibiendo quejas por las cantidades para pagar a Hacienda, al tener dos pagadores, en este caso pensión española y pensión extranjera. “Una mujer retornada de Suiza declaró ingresos de 15.230@ anuales y está obligada a pagar casi 600€ en IRPF”, afirma Gulín, que también apunta que “ambas pensiones no están sujetas a retención del IRPF, por esa razón se insiste, una vez más, en informar a la Seguridad Social española de querer pagar voluntariamente el IRPF sobre la pensión española para minorar la cuota tributaria a pagar”.

___________________________________________________________________________________________________

A ÁREA DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE INFORMA DA SUBIDA DAS PENSIÓNS ALEMÁS A PARTIR DO 1 DE XULLO NUN 4,39% O QUE BENEFICIARÁ A MILLEIROS DE OURENSÁNS E OURENSÁS

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín, lémbralles ao colectivo de retornados, especialmente aos que só cobran pensión alemá e ningunha española, que “deben gardar esa comunicación para a declaración da renda 2023 a presentar o ano que vén, para xustificar os gastos deducibles das cantidades detraídas ás pensións para ter asistencia sanitaria e prestación de dependencia en España”

O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da secretaría provincial de migracións explica que o goberno alemán vén de informar que a partir do 1 de xullo, as pensións alemás aumentarán un 4,39%. Deste xeito, e tal e como apuntan os e as socialistas “un pensionista que ata o 30 de xuño recibe unha pensión de 1.000 €, recibirá no mes de xullo 1.043,90 euros”.

Dende a área de migracións da Executiva Provincial Socialista apuntan a que este aumento “beneficiará a miles de ourensáns e ourensás emigrantes retornados que perciben unha prestación de xubilación, invalidez ou viuvez de Alemaña”. Os e as socialistas apuntan a que ao longo dos meses de xullo e agosto os retornados con pensión alemá recibirán unha comunicación da Deutsche Rentenversicherung informándolles do aumento acordado.

O secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín Iglesias, lémbralles ao colectivo de retornados, especialmente aos que só cobran pensión alemá e ningunha española, que “deben gardar esa comunicación para a declaración da renda 2023 a presentar o ano que vén, para xustificar os gastos deducibles das cantidades detraídas ás pensións para ter asistencia sanitaria e prestación de dependencia en España”.

Dende o inicio da campaña da declaración da renda, a secretaría provincial de migracións está a recibir queixas polas cantidades para pagar a Facenda, ao ter dous pagadores, neste caso pensión española e pensión estranxeira. “Unha muller retornada de Suíza declarou ingresos de 15.230 euros anuais e está obrigada a pagar case 600 € en IRPF”, afirma Gulín, que tamén apunta que “ambas pensións non están suxeitas á retención do IRPF, por esa razón insístese, unha vez máis, en informar á Seguridade Social española de querer pagar voluntariamente o IRPF sobre a pensión española para minorar a cota tributaria a pagar”.