23/07/2020
12:22 h.
Como cada ano a Federación de entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT) entrega os premios Alecríns 2020, este ano os galardoados son:
- Alecrín á Memoria Musical: Banda A Lira de Ribadavia.
- Alecrín no Eido da Promoción Cultural: Siro.
- Alecrín a Institución Cultural: Fundación Vicente Risco.
- Alecrín a Institución Social: Fundación San Rosendo.
- Alecrín no Eido Empresarial: Pazo Mariñán – Bodegas Monterrei
- Alecrín no Eido Colaboración: Aura Seguros de Santa Coloma
- Alecrín no Eido do Arte: Carballido.
- Alecrín pola súa traxectoria no Eido da Comunicación: Justo Molinero.
- Alecrín no Eido Literario: Amador Castro Moure.
- Alecrín no Eido do Deporte: Óscar Pereiro.
- Alecrín no Eido da Música: Uxía.
- Alecrín no Eido da Etnografía: Casa do Patrón.
- Alecrín no Eido empresarial na diáspora: García & García, Celtica histores.
- Alecrín no Eido da Innovación: Juan Luís Méndez – Via Romana.
- Alecrín Berciano: Jesús Álvarez, cura párroco de Cacabelos.
- Alecrín no eido de empresa berciana: Sociedad Cooperativa Agrícola Gistredo Castaña de Parede.
O lugar escollido este ano para a entrega dos galardóns é o concello ourensán de Castro Caldelas o vindeiro 11 de agosto ás 12 da mañá. O acto está organizado pola Federación de Entidades Galegas e colaboran tódalas entidades que a forman así como a Deputación de Barcelona, Concello de Barcelona, Obra Social da Caixa, Concello de Castro Caldelas e Xunta de Galicia.