viernes, 26 de abril de 2024

ESTRATEXIA RETORNA 2020 OURENSE

Respaldo ás medidas de emigración para afrontar o reto demográfico

Ourense-Retorna
O saldo migratorio é positivo para a provincia de Ourense nos dous últimos anos e medio

O retorno de emigrantes e dos seus descendentes, está a ter un impacto demográfico positivo na provincia de Ourense.

A Estratexia Retorna 2020 da Xunta afronta o reto demográficocunha serie de propostas que inclúen o asesoramento e seguimento á persoa emigrante retornada. As cifras de retornados nos derradeiros meses a Ourense e a Galicia supoñen un respaldo obxectivo aos plans en materia de emigración e retorno á comunidade que está a poñer en práctica o Goberno Galego. Deste xeito a provincia de Ourense gaña 994 persoas nos últimos dous anos e medio, desde xaneiro de 2016 grazas aos galegos procedentes do exterior. Só no primeiro trimestre de 2018 o saldo migratorio da provincia de Ourense co exterior foi positivo en 287 persoas. Delas, 190 teñen menos de 65 anos, e 79, menos de 45.

Un total de 82 retornados a Ourense durante a primeira metade deste ano son menores de 25 anos, o que supón un respaldo importante para o reto demográfico que está a afrontar a provincia. Esta aposta pola loita demográfica e o retorno dos emigrantes ten datos moi positivos no relativo á poboación máis nova, xa que reflicten un saldo migratorio positivo entre a poboación menor de 45 anos que semella fundamental para afrontar dito reto.

Obxectivos 

Ademais, cúmprense os obxectivos da Estratexia Retorna 2020, que en termos numéricos se concretan en incrementar o número de retornados nun 50 % ata acadar os 20.000 retornados, e lograr que o 60% deles, 12.000 persoas, teñan menos de 45 anos, contribuíndo a rexuvenecer a poboación galega.

Desde xaneiro de 2016 ata xullo de 2018 á provincia chegaron desde o exterior 311 españois menores de 25 anos máis dos que saíron. Entre xaneiro de 2016 e xullo de 2018 retornaron a Ourense desde o estranxeiro un total de 2.636 galegos, dos que 564, é dicir, o 21,40%, fixéronno só nos primeiros meses deste exercicio. Destes últimos, 416 teñen menos de 65 anos (1.888 se se suman os retornados desde princiupios de 2016), e só 148 son maiores de 65 anos. Do total dos 564 retornados no primeiro semestre de 2018, 355 están en idade de traballar (entre 15 e 65 anos). Só en 2017 volveron a Galicia, 6.202 galegos, o que supón un incremento dun 21 % respecto aos datos de 2016 e de case o dobre que en 2009. O saldo migratorio é positivo para a provincia de Ourense nos dous últimos anos e medio.

Compre destacar que no último exercicio retornaron á comunidade 1.077 galegos máis ca en 2016, principalmente de América e Europa. Por outra banda, e en relación ás medidas transversais, cómpre subliñar que nesta estratexia encádranse iniciativas como a adaptación das medidas de impulso á natalidade, como a Tarxeta Benvida, ás circunstancias especiais das familias retornadas, para que poidan acceder desde que se empadroan; incorporación das e dos estudantes retornados nas axudas destinadas aos universitarios e universitarias con dificultades para continuar os estudos por causas sobrevidas; ou o incremento dos incentivos á contratación para as empresas que conten con persoas emigrantes retornadas sen emprego.

Tendencia

As cifras recentemente publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE) apuntan a unha clara tendencia ao alza deste fenómeno demográfico, que só no primeiro semestre de 2018 deixou un saldo migratorio co exterior positivo de máis do 80% do total de todo o ano pasado. A liña ascendente invita a prever un segundo semestre de 2018 cunhas cifras aínda mellores á hora de facer balance dos galegos que regresan a Galicia desde o estranxeiro respecto aos que marchan. En 2017 chegaron a Galicia 6.683 persoas máis das que entraron, das que 2.118 teñen entre 16 e 44 anos de idade. O balance tamén foi positivo tomando como referencia o saldo co exterior, do que entraron 7.209 persoas máis das que saíron, tanto españolas como estranxeiras, e das que a metade, 3.620, teñen entre 16 e 44 anos. Ademais, por primeira vez desde 2010, chegaron máis españoles dos que saíron, en concreto 1.676 persoas máis, do estranxeiro.

Mercado laboral

Entre as metas da Estratexia Retorna 2020 está facilitar a participación nos programas de inclusión sociolaboral, reforzar a capacitación das habilidades transversais m á i s d e m a n d a d a s polo mercado laboral e apostar por programas de desenvolvemento persoal das mozas e mozos retornados. Tamén está intensificar o apoio integral ás familias no retorno, ademáis de apoiar o emprendemento e o autoemprego dos galegos retornados, en especial no rural galego.

Dentro da resposta dos emigrantes a estratexia Retorna 2020, foi Venezuela o lugar de orixe principal dos galegos que regresaron, segundo as estatísticas publicadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Do país suramericano volveron un total de 2.163 persoas. Suíza foi o segundo país que aportou un maior número de retornados da diáspora galega, con 837; seguido de Brasil con 338, o Reino Unido con 305, e os Estados Unidos de América con 302.

Outros países con datos significativos foron Francia e México, ambos con 214 persoas, e Alemaña, con 213. Esta parte é especialmente importante tendo en conta a idade dos retornados. Dos 6.202 galegos que retornaron en 2017, o 78 %, (4.865), teñen menos de 65 anos, e só o 21,56 %, 1.337, son maiores. Máis da metade dos galegos que regresaron á comunidade (3.225) son menores de 45 anos, e a franxa de idade máis numerosa é a de menores de 16 anos, con 998 rapaces de volta en Galicia.

Medidas e axudas para o retorno de máis de 20.000 galegos 

O retorno non é únicamente un dereito de todos os galegos e galegas emigrados, senón ademáis unha oportunidade extraordinaria para superar o complexo reto demográfico que ten por diante Galicia. A Estratexia Retorna 2020 inclúe un total de 53 medidas que abranguen todos os eidos que condicionan o retorno dos galegos á comunidade a través de axudas que facilitan o acceso á vivenda, á formación, ao mercado laboral, á investigación e á información, seguimento e asesoramento. A Xunta de Galicia destina a este plan, que busca o regreso de máis de 20.000 galegos ata o ano 2020, máis de 235 millóns de euros entre diferentes medidas con incentivos específicos para os retornados e as transversas.