jueves, 25 de abril de 2024

Xuntanza de entidades galegas de Cataluña

Organizada pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, na actualidade composta por doce entidades galegas de toda Cataluña e que hoxe preside Luís Lamas Álvarez, tivo lugar o día 12 de agosto a Xuntanza de Galegos Residentes en Cataluña co gallo do vixésimo aniversario da súa fundación. Cun interesante programa de actividades que ten como cerne facer unha homenaxe a o director da Banda de Gaita de Deputación de Ourense, Xosé Luís Foxo. O lugar escolleito para este ano foi o �??Hotel El Ciervo�?� de XARES (A Veiga) no que se celebrou o acto principal ás 14 h, un xantar dedicado ao homenaxeado, ao que asistiron diversas autoridades, tanto de Galicia como de Cataluña, así como máis de 200 galegos residentes en Cataluña.
O punto de encontro foi na Veiga para almorzar ás dez da mañá no Hotel As Chairas, as 11h comezara unha visita cultural ao santuario das Hermidas, ás 13. recepción oficial no Concello de A Veiga desde onde se trasladarán a Xares para celebrar o Xantar de Irmandede. No Hotel El Ciervo tamán se amosou este día unha exposición de pintura, que baixu o título de �??Pinceladas terapéuticas�?� a pintora autodidacta Amparo Centeno, natural de Xares e residente en Barcelona, amosará por primeira vez parte da súa obra artística en Galicia.

EXPOSICI�?N DE PINTURA Amparo Centeno Prieto
Do 10 ó 20 de Agosto de 2009.
HOTEL EL CIERVO DE XARES, A Veiga (OURENSE)

AMPARO CENTENO PRIETO, nace en 1958 na Veiga (Ourense), con 16 anos emigra a Catalunya onde reside na actualidade.

Desde a súa chegada á cidade de Cornellá de Llobregat (Barcelona), colabora en diversas ONGS. Na actualidade é vicepresidenta de �??Cornellá per Las Dones�?�, e membro do �??Consell Municipal de la Dona�?�, forma parte da Executiva local e do Consell comarcal do PSC. Así mesmo colabora asiduamente en diversas entidades de carácter social e cultural.

O seu espertar pola pintura veulle tardía, a raíz de sufrir un atropelo nun paso de Cebra no que quedou mal ferida, en 1997, na súa recuperación, como terapia, comezou a realizar traballos manuais no Obradoiro de Artes Manuais Rosalía de Castro de Cornellá onde comezaron as súas primeiras pinceladas, desde entón, asiste cada semana a clases de pintura e artes manuais.

AUTODIDACTA, participou en diversas exposicións colectivas, con diversos traballos, tanto de pintura como de manualidades.

Exposicións individuais:
Febreiro de 2008: Centro Cultural, Polinya (Barcelona)
Abril de 2008: Sala da Cruz Vermella de Cornella.
Novembro de 2008 na Trobada de Entidades Culturais de Cornellá (Barcelona)