sábado, 20 de abril de 2024

VINTE ANOS DE GALEGUIDADE CAN MERCADER

Vinte anos xa da popular Festa Galega de Can Mercader, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) presidida por, Ana Belén Martinez Avelleira. Un evento que cada ano se celebra polo Corpus, Festa Maior de Cornellá.

Ademais este ano tivo un interese especial xa que se conmemora o 30 aniversario da entidade organizadora. Este ano a A.C.G. Rosalía de Castro cumpre trinta anos de andadura durante os cales levou a termo innumerables actividades, entre elas a Festa Galega de Can Mercader, que se iniciou no ano 1.990 cando se colocou o monumento á poetisa Rosalía de Castro, que desde entón preside o Parque de Can Mercader, de tal xeito que o evento volveu a lucir o se esplendor e cumpriu con tódalas expectativas, volveu a xuntar en Can Mercader, os días 4, 5 e 6 de xuño, a milleiros de galegos, facendo que esta Festa siga sendo unha cita ineludible dentro dos actos programados en Cornellá, co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona.

HOMENAXE AOS SOCIOS
Os actos festivos comezaron o venres pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade, coa celebración, no recinto da festa, dunha Cea de Irmandade á que asistiron arredor de 300 persoas, socios de Rosalía de Castro, así como amigos doutras entidades, a Rexedora do Barrio da Gabarra onde ten a sede social a A.C.G. Rosalía de Castro, Aurora Mendo, e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellá, e na que se lles homenaxeaba coa Insignia de Prata da Entidade aos socios, Francisco Daza Ojea, Ramiro Arca Rodríguez e Xesús García Aguión que este ano cumpren 25 anos de antigüidade na Asociación, acto que seguiu coa verbena a cargo da orquestra �??Banda Sonora�?�.

Unha festa que ten o seu máximo esplendor cando se rende homenaxe á poetisa que lle dá nome a entidade, coa celebración da �??Ofrenda Floral�?�, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá, nun emotivo acto no que o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, xunto coa presidenta da Asociación, Ana Belén Martinez Avelleira, e o representante da Xunta de Galicia, Ramón Brigos Fernández (Subdirector Xeral de Programas Sociais) presidiron o acto depositando o tapiz de flores representando as bandeira de Galicia e Cataluña. Asemade, socios e amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Cataluña e Galicia á musa das nosas letras, depositando o seu correspondente ramallo de flores a beira do Monólito de Rosalía de Castro, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados pola banda de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro, ante o numeroso público que cada ano acude á ofrenda, así como representantes dos diferentes estamentos políticos e socioculturais de Cataluña, os representantes da corporación municipal de Cornellá en pleno, e as diferentes entidades galegas de Cataluña.


A FESTA ENXEBRE
Coa ofrenda floral iniciouse o ronsel de actuacións dos grupos galegos e cataláns de música e danza que durante os dous días lle deron contido á festa, coas súas espectaculares actuacións, desenvolvéndose ao xeito das grandes festas galegas nas que non faltan, ademais das gaitas, os diferentes produtos da gastronomía galega, que este ano viñeron especialmente desde Galicia da man da empresa �??Pulpalia�?� de Lugo. Polbo, empanada, lacón, pementos, etc., ademais dos ricos viños do país, xunto coas orquestras: BANDA SONORA, OEM e COSTA DORADA de Ourense, que se encargaron de amenizar as multitudinarias verbenas que durante as tardes e noites da fin de semana encheron o recinto de Can Mercader.

Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que o evento merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar de xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos, familiares da colectividade galega de Cataluña, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega en Cataluña.

Asemade os asistente tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., a cargo da produtora Serxiofolk, así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, con visións multimedia da proxección do Camiño Catalán, que ofreceu a asociación Amigos do Camiño de Barcelona, que preside Ramiro Arca. No eido musical sinalar a presentación do ultimo trabalo discográfico, que conten o ino da A.C.G. Rosalía de Castro, do cantautor galego afincado en Cataluña, Alfredo González.

II SORTEO DE SEMPRE EN GALIZA
Aproveitando esta popular festa, o domingo día 6 no escenario principal realizouse, perante o numeroso publico, o sorteo que o programa de radio �??Sempre en Galiza�?� da A.C.G. Rosalía de Castro, que se emite todos os sábados en Radio Cornellá, baixo a dirección do profesor Xulio Couxil Vázquez, o sorteo que con motivo do 24 aniversario da posta en marcha do programa 'Sempre en Galiza' realizou este 2º Concurso-Sorteo para agasallar aos seus oíntes e seguidores. Grazas aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente ofreceron as súas Vivendas Rurais, e produtos. O xogo consistiu en que todos os interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected] e facer un comentario no blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellá solicitando un número: Os gañadores neste sorte foron os seguintes:

1 FIN de Semana no �??MIRADOR DA RIBEIRA�?� .ZELTIA, amiga.
1 FIN de Semana no HOTTEL �??O RETORNO�?�. . ANTONIO R. C.
1 FIN de Semana na �??XANELA DA L�?A�?� . . . . ... ARTABRIA.
1 BONO Gastronómico �??AROUSA NORTE�?��?��?� XOS�? R. FROXÁN.
1 BONO Rural �??AROUSA NORTE�?�. . . �?��?��?��?�ANTONIO MIGUELEZ.
1 XANTAR,Rte. Monte ALBA de Vigo. �?��?��?�..CARMEN Xanela da Lúa.

1 Reloxo de señora, marca Dogma. . . . .LAURA MOSTEIRIN.
1 Reloxo de cabaleiro, marca Dogma. . . IGNACIO C. J.
1 Reloxo de señora, marca Dogma. . . . .CARLOS da RIBEIRA.
1 Reloxo de cabaleiro, marca Dogma. . . JES�?S COMESA�?A.
1 Lote de Queixos do Xures. . . . . . . . . .XOAN L�?PEZ.
1 Empanada de Atún. . . . . . . . . . . . . . .RAMIRO LANDEIRA.
1 Lote de Queixos do Xures. . . . . . . . . .NATALIA do C.
1 Empanada de Carne. . . . . . . . . . . . . . .DANIEL VILLA.
1 Lote de Queixos do Xures. . . . . . . . . .Mª XOSE GARCÍA.
1 Empanada de Atun. . . . . . . . . . . . . . .XAVIER VEIGA.
1 Caixa de Viño VALCAR. . . . . . . . . . .ANTONIA FERNÁNDEZ.
1 Empanada de Carne. . . . . . . . . . . . . . .ROSA SEIJO R.
2 Disco CD SERXIO FOLK . . . . . . . . . PACO da BOROA.
1 Caixa de Viño VALCAR. . . . . . . . . .. .JUAN EIRAS.
2 Disco CD, SERXIO FOLK. . . . . .. . . .Mª dos ANXOS R.
1 Lote Produtos Artesáns CAURELO. . . . .Mª do CARMO J.
1 Lote Produtos Artesáns CAURELOR . . AURELIA FERNANDEZ.
1 Lote Produtos Artesáns CAURELOR. . . . SONIA MONTERO.

¡¡¡FELICITACI�?NS!!! para todos os agraciados, e grazas pola vosa participación.


Cornellá, 9 de xuño de 2010

Antonio Díaz Fernández