viernes, 29 de marzo de 2024

UN NOVO LIBRO SOBRE A EMIGRACI�?N GALEGA EN CATALU�?A

Manoel Carrete
O historiador, Manoel Carrete Rivera e o profesor, Xulio Cougil presentaron o pasado venres 16 de xullo na �??Casa de la Caritat�?� de Barcelona, un novo libro sobre a emigración galega en Cataluña, co titulo �??Tiberio Ávila un ourensá de Viana�?�, apadriñados pola escritora galega afincada en Cataluña, Pura Salceda Carballeda, e patrocinado o acto pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña. O libro que foi editado pola Deputación de Ourense, coa colaboración dos concellos de Viana do Bolo e de Barcelona, é una obra que a súa lectura nos achega, por unha banda, á cidade onde el naceu e se criou, Viana do Bolo (Ourense) e por outra, á vida narrada deste ilustre vianés, e ao seu labor coa emigración galega en Cataluña desde os seus comezos, e en especial naqueles anos de 1880 cando chega a Barcelona e a súa pegada galega na cidade Condal, da que nos dá conta o historiador, Manoel Carrete.
Podemos dicir que o libro estruturase en dúas partes, unha feita por Xulio Cougil, sobre Viana do Bolo na que amosa o entorno no que nace e se cría o personaxe do libro, e a segunda, de Manoel Carrete Rivera, dedicada a explicarnos a biografía de Tiberio Ávila. Nas 200 paxinas que conten o libro os seus autores achéganos dun xeito cómodo a coñecer tanto a biografía do personaxe do libro como do seu entorno. No caso da biografía de Tiberio o seu autor Manoel Carrete, máis que una narración biográfica, fainos una ampla e laboriosa exposición biográfica do personaxe, xa que froito da súa laboriosa investigación, documenta cada paso, cada feito ou acontecer na vida de Tiberio, desde as notas dos seus estudios ata calquera outro acontecer relevante da súa vida, facendo especial mención a súa estancia en Cataluña e a súa pegada galega na cidade de Barcelona. Unha pegada galega que podemos aínda hoxe atopar en sitios emblemáticos da cidade como son a Praza Lesseps, a Praza Cataluña ou a Casa de la Llotja, na Academia de Belas Artes, e da que ninguén, nestes últimos cen anos, se recatou.
Tiveron que pasar máis de Cen anos para que este personaxe sexa homenaxeado e posta en boga a súa labor a prol de Galicia, desde Barcelona, e que agora poidamos ollar titulares de xornais como �??Don Tiberio Ávila decano da emigración galega en Cataluña�?�, aínda que no mesmo libro o seu autor desmonta esta afirmación xa que demostra que esta comezou moito antes, publicando na paxina 120 un contrato de traballo que no ano �??1391 lle fixeron a María de Triacastela como ama de cría con Gullerme de Fonollet, mercador de Barcelona�?�. Mais, é certo que a chegada de Tiberio Ávila á Barcelona supuxo un feito histórico para a nosa emigración en Cataluña, e así o está demostrando o historiador Carrete, no seu traballo de investigación da Emigración Galega en Cataluña, que comezou hai uns anos cando preparaba o traballo do seu primeiro libro �??Máis que Nós ninguén�?� foi cando se atopou con este personaxe do que quedou fascinado, e esta é a orixe deste exaustibo e laborioso traballo, que ven a dar máis luz á memoria da Emigración Galega.
A partir de agora será necesaria a lectura deste libro para poder facer unha historia documentada e fidedigna da Emigración Galega en Cataluña.
D. TIBERIO ÁVILA RODRÍGUEZ, nace na vila de Viana do Bolo (Ourense) o día 28 de outubro de 1843, fillo do matrimonio composto por Manuel Alonso Ávila e Eduvixes Rodríguez. O día 1 de novembro é bautizado na parroquia de Viana co nome de Severino Tiberio Alonso. Viviu a súa nenez en Viana ata a adolescencia que marchou a estudar a Madrid, onde estudou farmacia, dereito civil e canónico, carreira que compaxinaba cos estudos de pintura na Academia de Belas Artes de San Fernando, sendo bolseiro da Deputación de Ourense da que recibiu unhas 1500 pesetas para que realizara os estudios de pintura.
En Madrid traballou como Farmacéutico no Hospital da Princesa, de a súa etapa en Madrid deixou cadros como o retrato do Rei Amádeo de Saboya do que se fixo amigo. Antes de que o Rei abdicase D. Tiberio volve a súa vila natal Viana. �? desde Viana onde se inicia na política, xa que os seus paisanos elixino para que os representara nas Cortes de Iª República.

Unha vez restaurada a dinastía borbónica, D. Tiberio emigra a Cataluña xa que consigue por oposición a praza de profesor de anatomía e fisioloxía na Escola Superior de Belas Artes e Artes e Industria de Barcelona.
A súa actividade en Cataluña está chea de grandes e innumerables eventos. Foi Deputado por Barcelona na II República, e concelleiro do Concello de Barcelona, entre as súas pegadas máis destacadas na cidade podemos atopar as estatuas despidas que hoxe moran na mítica Praza de Cataluña ou o nome da Praza Lesseps. Como artista é de mérito a súa publicación �??Anatomía y Fisiólogia para los Artistas�?�. Morreu en Barcelona a idade de 98 anos, os seus restos moran no Ciminterio de Monjuit da Cidade Condal.


Antonio Díaz Fernández