jueves, 25 de abril de 2024

PREMIO A TODA UNHA VIDA FACENDO GALICIA

O Alcalde de Sabadell, Manuel Bustos entregalle a Roxelio o Escudo da Cidade
Hai uns días asistía en Sabadell (Barcelona) á presentación dunha nova edición da Revista Nós, un anuario que desde hai 11 anos ven editando o Centro Galego Nós, que nestes intres preside, Manuel Vázquez Osorio, e que precisamente este ano celebrou o seu 31 cumpleanos. O avento tivo lugar nun dos máis emblemáticos hoteis da Cidade de Sabadell, no que organizaron una cea de irmandade á que asistiron máis de 300 persoas, socios e amigos da entidade, e na que ademais da presentación da revista se rendeu unha merecida homenaxe a un dos socios máis significativos do Centro Galego como é, Roxelio Martinez Lodos que o presidiu durante 19 anos.

Nesta edición da Revista Nós, que dirixe desde a súa fundación o profesor, Xulio Couxil, amosásenos cunha exquisita presentación temática, e podemos mergullarnos na lectura de importantes traballos xornalísticos de temáticas galega ou catalana, de contidos interesantes sobre cultura, arte e paisaxística galega, colaboracións de personaxes importantes da escrita como Fina Casalderrey, Anxos Sumai, Noelia Rodríguez, Suso López, Simón Saura, Joan Saumoy, entre outros, así como o retrato narrativo feito por socios do Centro como Manolo Vázquez ou Horacio Gutiérrez destes 31 anos de pegada galega en Sabadell, a través das actividades que o Centro Galego organiza.

Mais, a verdadeira razón de celebrar esta cea foi a de renderlle a homenaxe a Roxelio Martinez, que xa o pasado ano por estas datas nos anunciaba que deixaba a presidencia do Centro Galego Nós, xa que nos últimos anos a súa saúde tivo certo devezo por culpa dunha enfermidade da que afortunadamente xa está recuperado, mais iso xunto con outros motivos persoais e familiares fixeron que considerase necesario pasar a segunda fila.

En recoñecemento a súa labor ao fronte da entidade a actual Xunta Directiva xunto cos socios fixéronlle entrega da Medalla de Ouro da entidade, nun acto no que estivo arroupado pola súa muller, Pepita Díaz, os seus fillos e netos, así como por unha morea de amigos que non quixeron faltar a esta merecida homenaxe, amigos como o alcalde de Sabadell, Manuel Bustos, o de Trabada (Lugo), Xosé Manuel Yanes, o presidente da Fundación Galicia Universal, Ernesto Lagarón, así como o resto de presidentes das entidades galegas en Cataluña, que xunto cos socios do Centro e representantes das entidades sócio-culturais de Sabadell acompañaron ao homenaxeado nun acto no que se desglosou a figura de Rogelio e a súa contribución a construción da convivencia cultural e cívica na Cidade de Sabadell á que chegou no ano 1963, así como na colectividade galega en Cataluña.

Roxelio Martinez Lodos, nace hai 66 anos na localidade de Trabada (Lugo) nunha familia da labregos, alí vive ata os 19 anos. Das súas vivencias de cativo destaca a súa aprendizaxe no colexio �??Celso Curras�?�, e moi especialmente ao profesor Celso Curras, de quen hoxe recibe o nome o colexio, do que foi discípulo, toda unha institución no ensino lucense, segundo comenta Roxelio. En 1963 emigra a Barcelona, da man dun amigo e veciño que o acolleu na súa casa e lle buscou traballo na principal fabrica téxtil de Sabadell, na que traballa toda a súa vida laboral, xubilándose coa categoría de �??Contramestre�?�, un dos cargos máis importantes da empresa. Desde a súa chegada a Sabadell sempre estivo xunguido a Galicia, á que voltou despois de facer a mili, para casarse coa súa noiva de sempre, hoxe a súa muller Pepita Díaz coa que formou a súa familia en Sabadell da que teñen dous fillos e dous netos.

As súas inquedanzas altruístas sempre lle fixeron colaborar con diversas asociacións, ata que a principios da década dos oitenta se fai socio do que entón era o �??Grupo Nós�?�, sendo elixido presidente ao pouco tempo, baixo a súa presidencia converteuse no Centro Galego Nós de Sabadell, e a súa pegada galega na cidade de Sabadell está chea de galeguidade, do que el máis gozoso se atopa é dos sete nomes galegos de prazas e rúas na cidade, seis baixo a súa presidencia, así como de haber mercado as instalacións que hoxe ten a entidade: A Praza Castelao, Praza Illas Cies, Rúa Concepción Arenal, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro e o Paseo da Mariña Lucense, entre outros, son nomes que hoxe lembran Galicia na Cidade de Sabadell, dos que Roxelio foi o seu impulsor, xunto coas sucesivas Xuntas Directivas do Centro Galego Nós. Tamén levou Sabadell a Galicia, na súa localidade natal Trabada, atopamos unha das principais rúas co nome Rúa Cidade de Sabadell.

Toda esta labor fixo que o Centro Galego Nós hoxe sexa unha das entidades galegas máis prestixiadas en Cataluña, e as súas relacións institucionais, sobre todo a nivel municipal, gocen dun alto nivel de colaboración mutua, ademais de levar a termo un programa de actividades importante, tanto no ámbito da colectivo galego en Cataluña, como na Cidade de Sabadell.

En recoñecemento a súa labor de divulgación de Galicia, e especialmente da Mariña Lucense, da que hoxe sigue namorado, no ano 1997, foille concedido o premio �??Lucense do Ano�?�, do que se sinte enormemente orgulloso, o mesmo que do que lle acaban de conceder en Sabadell, a súa segunda familia, os socios e amigos do Centro Galego Nós, e tamén o Concello ao galardoalo co Escudo da Cidade de Sabadell, son agasallos e recoñecementos por toda unha vida facendo Galicia en Cataluña e Cataluña en Galicia.