viernes, 29 de marzo de 2024

O Centro Galego de Sabadell visitou o Concello de Pol

Durante o mes de agosto as entidades galegas de Cataluña acostuman a pechar as súas portas por vacacións, se damos unha volta polas súas dependencias atoparémolas pechadas, mais, isto non significa que non fagan actividades, moitas delas trasládanse a Galicia e aproveitan o período estival para organizar actividades na terra. Xeralmente devolver visitas ou colaboracións culturais con algún dos concellos cos que teñen maior relacións, por que dentro da masa social de cada centro galego ou asociación se concentran maior numero de socios. O Centro Galego Nós de Sabadell (Barcelona) que nestes intres preside, Manolo Vázquez é un exemplo, pois cada ano organiza actividades durante o mes de agosto en algún dos concellos de Galicia. Este ano foi no Concello de Pol (Lugo) alí organizaron o día 7 de agosto a súa xuntanza anual en Galicia, coa que pretenderon agradecer ao seo alcalde Lino Rodríguez a visita que el fixo a Sabadell, en novembro do pasado ano, co gallo da concesión da Medalla de Ouro do Centro Galego ao alcalde de Sabadell, Manuel Bustos.

A famosa Carballeira de Mosteiro acollía un Xantar ao que asistiron a redor dun cento de socios e amigos da entidade galega en Sabadell, despois dunha recepción no Concello onde foron recibidos polo alcalde Lino Rodríguez �?nega e polo portavoz de BNG Xosé Manuel Tellado, acto que o edil de Pol aproveitou para explicar aos visitantes as potencialidades turísticas, económicas e culturais do municipio, así como os seus principias atractivos, tamén tivo verbas de agradecemento para os directivos e socios do Centro Galego Nós por escoller Pol para celebrar este encontro e con el dar a coñecer en Cataluña as súas posibilidades tanto turísticas como culturais, e animounos a seguir na senda de promoción da Galicia do interior.Durante a recepción o alcalde de Pol, Lino Rodríguez e o presidente do Centro Galego Nós, Manolo Vázquez protagonizaron un simbólico intercambio de regalos, co que ámbalas dúas entidades escenificaron o fortalecemento dos vínculos do pobo galego cos seus emigrantes.

Á xuntanza asistiu o Subdelegado do Goberno en Lugo, Xosé Vázquez Portomeñe quen aproveitou o encontro para ensalzar a labor da colectividade galega en diversas localidades de Cataluña, mantendo viva a súa cultura e o seu recordo alí onde se atopan. Animou aos visitantes a seguir mantendo viva esa chama de defender e promocionar a identidade galega a través do �??uso da fermosa lingua que temos, que é o galego e non o podemos deixar de falar�?�.

Despois dun recorrido polo casco urbano do Mosteiro no que os visitantes puideron ollar diversos lugares de interese como, as instalación municipais, piscina, polideportivo e o Muíño do Pacio. Os socios de Centro Galego Nós, xunto coas diversas autoridades compartiron un �??Xantar de Irmandade�?� na carballeira de Mosteiro, ao que asistiron ademais das autoridades locais, e o subdelegado do Goberno en Lugo, o presidente da Asociación de Entidades Galegas en Cataluña, Ernesto Lagarón, os alcaldes de,Castro de Rei, Guitiriz, A Pastoriza, Castroverde, A Fonsagrada, Meira e Becerreá, así como outras personalidades da vida sociocultural de Cataluña e de Galicia.