martes, 23 de abril de 2024

NACE EN CATALU�?A, A FUNDACI�?N GALICIA UNIVERSAL

 Membros do Patronato da Fundación
Oito das principais entidades galegas de Cataluña crean a Fundación Galicia Universal, que o pasado fin de semana celebrou en Barcelona o congreso de constitución, presidido pala galeguista Iolanda Díaz Gallego, e no que quedou nomeado presidente da mesma D. Ernesto Lagarón Vidal, así como o Patronato que gobernará a fundación, e as súa liñas de actuación. Durante dous días, máis de 100 persoas ligadas a oito asociacións galegas das máis significativas fóra de Galicia, discutiron a finalidade, organización e viabilidade deste ambicioso proxecto que comprende tres áreas de xestión das súas actividades como son: o Foro Social, o Foro de Cultura e o Foro de Emprendedores. Un ambicioso proxecto que o presidente Lagarón definiu como un referente galego do Século XXI. 'Nós imos ser o referente da Galicia do exterior do Século XXI, apostando pola xuventude�?�. Con ese compromiso, Ernesto Lagarón Vidal aceptou o cargo de presidente da Fundación Galicia Universal, que botou a camiñar en Barcelona o dia 22 de novembro de 2009.


O Patronato da Fundación nomeado no Congreso Fundacional está composto por, Ernesto Lagarón Vidal, presidente da Asociación Cultural Galego Saudade, Manuel Vázquez Osorio, presidente do Centro Galego Nós de Sabadell, Xosé Terceiro Folgar, presidente do Centro Galego Lleida, Elio Mariano Rodríguez Macia, presidente do Foro da Terra Galega, Antonio Rodríguez Rodríguez, presidente da Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, Silvia Castañeda Fuentes, presidenta da Irmandade Galega Rubí, Carlos Ríuo Quiñoy, presidente do Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet e Manuel Prados, presidente da Casa Galega de L'Hospitalet del Llobregat.

Asemade o congreso aprobou as areas que se encargarán da organización das actividades da fundación que estarán dirixidas por tres personalidades relevantes da colectividade galega en Cataluña , como son o escritor Xosé Antón Pet Posse, en cultura, o político e promotor cultural Xosé Conde, e o empresario, Xulio Rivero.

O Foro da Cultura, será un promotor de eventos de tódalas disciplinas artísticas e culturais como pintura, fotografía e exposicións, concursos literarios, concertos, unha escola de galego e moitos outros que vaian sempre ao encontro das preocupacións dos novos valores. O foro está dirixido polo escritor Xosé Antón Pet Posse.

O Foro Social, ten o obxectivo claro de facer un club galego co obxectivo de unificar un grupo de persoas con intereses semellantes como a lingua, a música ea cultura de Galicia, e proxectar as iniciativas culturais dos novos talentos. O foro está dirixido por Xosé Conde promotor cultural.

O Foro de Emprendedores será un club de negocios para novos empresarios. Este programa ofrecera aos empresarios conexións con escolas de negocios, a protección de novos proxectos empresariais, a interacción cos empresarios galego do Mundo, promovendo a conciencia e comercialización do galego con denominación de orixe etc. O Foro esta dirixido polo empresario Xulio Rivero Prieto.

Na cerimonia de clausura do Congreso Fundacional compareceron como testemuñas de honra ' Josep Lluis Cleries, Deputado do Parlamento de Cataluña, por Converxencia Democrática de Catalunya, Jordi,Cases, membro do Congreso dos Deputados por Unión Democrática de Catalunya, Isabel García, en representando o Presidente da Deputación de Barcelona, Katy Carreras-Moys, representando ao alcalde de Barcelona, Andrés Castro Bande, subdirector xeral das Comunidades Galegas no Exterior da Xunta de Galicia e Ramón Fontdevila, director do Departamento de cultura popular e tradicional de Catalunya. Todos auguraron grandes éxitos a Fundación, e a cualificaron dunha ferramenta moderna e potente para reforzar e actualizar a imaxe da Galicia do século XXI.

O nacemento da Fundación Galicia Universal ven facer realidade o principal obxectivo que a Asociación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (AEGALCAT) creada o pasado mes de maio, por un grupo de sete entidades galegas as que hoxe se suma a Casa Galega de Hospitalet, e que coa creación da fundación deixa de existir, as súas inquedanzas e os seus obxectivos asúmeos a fundación, que ademais das súas actividades convertese no paraugas que arroupará ás entidades que a compoñen. A demais a fundación nace cunha clara misión que é a de velar polos intereses dos galegos ala onde se atopen, e a coordinación do Feito Galegos en todo o mundo dende Barcelona.

Antonio Díaz Fernández