sábado, 20 de abril de 2024

Homenaxe a José Montilla Aguilera

Montilla, con directivos de Rosalía de Castro
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) que preside Alfonso Rico García, nomeou ao expresidente da Generalitat de Catalunya, José Montilla Aguilera Presidente de Honra da Entidade, en recoñecemento á labor levada a termo desde a súa traxectoria política a favor da colectividade galega en Cataluña, e moi especial a A.C.G. Rosalía de Castro.

O acto celebrouse o pasado sábado pola tardiña no Parque de Can Mercader da cidade de Cornellá, perante unas 10.000 persoas que abarrotaban o recinto da tradicional Festa Galega que organiza, cada ano, a entidade galega de Cornellá co gallo da súa Festa Maior.

José Montilla recibía os honores dos directivos e socios de Rosalía de Castro que quixeron agradecerlle a súa fidelidade á Entidade, desde os seus comezos como alcalde de Cornellá pasando polo cargo de Ministro de Industria do Goberno de España, así como desde a súa máxima responsabilidade como Presidente da �??Ganeralitat de Catlunya�?�, Montilla sempre tivo un oco na súa axenda para achegarse a Rosalía de Castro e dar un alento de animo, unha colaboración de calquera tipo, e sobro todo as axudas económicas para poder levar a bo termo as súas actividades.

Esas axudas que hoxe están a recortar máis lonxe da calquera xustificación, desde os dous gobernos o de Galicia e o de Cataluña, una actitude que durante a o pregón da festa o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón lles recordou, e tamén as promesas feitas en anos anteriores, dicíndolles que �??está moi ben o apoio moral pero para seguir fedento actividades hai que manter o económico, como fai o Concello que el preside, e non escudarse na crise, por que esta crise é para todos, senón non veñan aquí a lucirse prometendo cousas que logo non cumpren�?�.
Os agasallados xunto co xa Presidente de Honra da A. C. G. Rosalía de Castro, foron o director do programa de radio Lonxe da Terra e xerente da Radio Tele Taxi, Manolo Valdes, como Socio de Honra da entidade pola súa labor de difusión das actividade das entidades galegas en Cataluña, e moi especial da Rosalía de Castro. Tamén como socio de Honra a Ferrán Bello Hernaiz pola súa contribución ao desenvolvemento das actividades das entidades galegas de Cataluña desde o seu cargo de Directo do Instituto Catalán de Cultura Popular e Tradicional, unha labor da que hoxe tódalas asociacións e casa rexionais de Cataluña, tanto galegas como doutras comunidades, botan moito en falta.

Tamén foi recoñecida a labor a prol da colectividade galega en Cataluña de Luís Lamas como presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. Así como as dos socios da entidade que este ano cumpren 25 anos de militancia na en Rosalía de Castro: Xulio Couxil Vázquez, Antonio Gil , Manuel Carracedo e Alfredo Carracedo na persoa da súa viuda Socorro Ramos.
E como telón fondo do evento a presentación publica da BANDA DE GAITA GALEGA �??XUNTANZA�?� DE CATALU�?A, un proxecto que aglutina a xuntanza de mozos e mozas dos grupos das entidades galegas, Casa Galega de Hospitalet, Toxos e Xestas de Barcelona e A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá e que xa conta con máis de cen compoñentes.

O evento estivo arroupado, ademais do multitudinario publico das xuntas directivas das tres entidades, os membros do Goberno Municipal de Cornellá e o delegado do Goberno Catalán en Barcelona, Salvador Jorda. Botamos a faltar, tanto neste acto como noutros que ao longo dos días de festa se fixeron, a un representen da Xunta de Galicia, coidamos que teñan bos motivos para non acercarse a Cornellá, neste día tan sinalado para os galegos en Cataluña.

Antonio Díaz