martes, 16 de abril de 2024

Fusion de entidades galegas en Cataluña


Dúas das entidades galegas de Barcelona con máis sona como son, a Asociación �??O PENEDO FOGAR GALEGO�?� que preside, Yolanda Díaz Gallego e a Agrupación Cultural Galega SAUDADE, que preside Ernesto Lagarón Vidal, deciden fusionarse. O acto de fusión das dúas entidades celebrouse o pasado Sábado 27 de xuño na sede da A.C.G. Saudade, onde os directivos e socios de ámbalas dúas entidades se reuniron para escenificar a fusión, segundo os acordos feitos anteriormente polo presidente de Saudade Ernesto Lagarón e maila presidenta en funcións de O Penedo Yolanda Díaz. Segundo se explicou no acto de fusión, a entidade �??O Penedo Fogar Galego�?�, despois de trinta anos de vida, desaparece como entidade a o seu patrimonio, así como os seus socios intégranse en SAUDADE, nas mesma condicións dos propios socios da entidade xa existentes que deste xeito sumou un importante capital social e cultural.

Tratase, segundo informou o presidente Lagarón, �??dun acto que suma, e lonxe de que unha entidade que ten dificultades para continuar cos súas actividades, en lugar de pechar as portas e que se perda esa capacidade de crear actividades, se integran noutra entidade e deste xeito sumar esforzos, sempre é de tristeza o feito de que unha entidade galega, e neste caso unha das máis antigas e de moito recoñecemento desapareza, pero deste xeito os seus compoñentes poderán seguir traballando pola nosa cultura e por Galicia desde Saudade como calquera dos socios que xa temos�?�.

No acto de fusión o presidente de Saudade Logarón criticou a actitude que, segundo el tiveron outras entidades galegas en Cataluña coa situación do o Penedo Fogar Galego, xa que na resolución de reparto que aprobaron os seus socios e os directivos, de conforme aos seus estatutos, parte dos seus fondos ían a outras entidades como a Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña que preside Luís Lamas, e estas rexeitaron a doazón, alegando, segundo Lagarón, que non eran pratos de segunda, isto é un desprezo a colectividade galega, afirmou Lagarón. Tamén segundo a súa opinión este é un camiño que comeza hoxe e que seguirá, moitas das entidades que hoxe existen en Cataluña, ou dan un xiro radical ou o seu futuro non augura moitos anos de supervivencia, o camiño correcto é este, fusionarse antes que desaparecer, integrarse a xuntar forzas, sumar e non restar, deste xeito a colectividade galega poderá seguir tendo entidades que fagan patente a súa pegada galega en Cataluña.

No remate do acto o presidente Lagarón entregoulle a Yolanda Díaz o carné de socia de Saudade, como símbolo de acollemento de tódolos socios do que xa foi �??O Penedo Fogar Galego�?� de Barcelona, que desde hoxe cada un deles do forma voluntaria pasan a ser socios de Saudade, sumándose ás súas actividades e creando outras novas como é o caso da grupo de teatro �??Zarabanda�?� que dirixe Yolanda Díaz que seguirá co seu nome, e será dotado por Saudade das axudas persoais e económicas necesarias para continuar coas súas representacións.