jueves, 25 de abril de 2024

AGROTUR 2010

O alcalde de Cornellá, Antonio Balmón visita o expositor de Galicia
O Salón Nacional de Turismo Rural (AGROTUR 2010) que se celebrou en Cornellá (Barcelona, os días 5 ao 7 de Novembro, pechou as súas portas tras tres días de feira onde se puxo de manifesto, a fortaleza dun tipo de turismo que cada vez se volve máis familiar e máis selectivo na procura de aloxamentos de calidade.
Durante o tres días que durou a feira, preto de 20.000 persoas pasaron polo recinto feiral de Cornellà, onde puideron ver de preto as ofertas do sector nos máis de 120 expositores que acudiron, este ano ao salón. Entre os expositores das distintas comunidades autónomas presentes no salón, Galicia ocupou in lugar que cabe resaltar, a caseta coa que a empresa Turgalicia representou a Galicia, atraeu aos visitantes de forma maioritaria, ofrecéndolles a rica e abundante oferta que en materia de turismo rural ten Galicia. Ademais os visitantes que se achegaron ao expositor de Galicia recibían información sobre o Xacobeo, e tamén podían gozar dándose un paseo virtual polo Camiño de Santiago. A rota xacobea, o turismo rural, a gastronomía e a natureza de Galicia son ofertas, case, irresistibles para o turista catalán que foi o principal visitante da feira.
Agrotur 2010, con esta edición cumpriu 16 anos promovendo e apoiando este tipo de turismo que destaca entre as modalidades de aloxamentos turísticos colectivos extra-hostaleiros, e segue abanderando a oferta feiral dedicada a este sector sendo o único salón especializado de forma monográfica. Organizado por �??Fira de Cornellà�?� e o Concello desta localidade, naceu co obxectivo de difundir e impulsar o turismo rural e todos os conceptos que o definen: o entorno natural, as actividades de lecer activo, a cultura e a gastronomía. Reúne ás axencias de turismo activo, os aloxamentos rurais, os produtores agrícolas e as institucións públicas para que mostren os seus produtos e servizos.
Segundo a organización da feira, �??en termos xerais, o volume de negocio que se conseguiu nas casetas que ofreceron a contratación de forma directa cubriu as expectativas dos expositores. Cataluña foi o destino máis demandada polo visitante de Agrotur e a ponte da Constitución ou as vacacións do Nadal, as datas máis buscadas�?�. Galicia situouse tamén como un dos destinos máis solicitados. �??Un feito diferenciador doutras edicións é que este ano o público de Agrotur achegouse á feira tendo moito máis clara a elección do seu destino e o tipo de establecemento rural desexado, ao contrario doutras edicións cando o obxectivo da visita fora motivado por coñecer as ofertas lanzadas polos expositores�?�.
Así, Agrotur volveu a pór de manifesto que o practicante de turismo rural é selecto na procura e que a súa motivación vai máis aló do descanso e o contacto coa natureza. Cada vez búscanse máis alicientes que enriquezan as escapadas ao medio rural. Neste sentido a riqueza gastronómica de cada destino, ou a crecente cultura do viño, que este ano tivo un apartado especial no salón, foron valores seguros á vez de promocionar os destinos.
Os produtos propios da terra e con Denominación de Orixe tiveron unha boa acollida entre o público que demostra unha vez máis a importancia da gastronomía e a viticultura como elementos dinamizadores do medio rural. De feito, a sala adaptada para realizar as catas de viños guiados por enólogos quedouse pequena sen poder dar cabida a moita xente que quería participar neste tipo de experiencias.
Así mesmo, de forma paralela a Agrotur celebrouse a XII Xornada Nacional de Turismo Rural que este ano contou con máis de 200 persoas inscritas, todas elas profesionais vinculados a empresas do sector. Esta cifra mantén a posición do encontro como un verdadeiro foro de debate sobre o presente e o futuro do sector. Entre as conclusións extraídas da Xornada cabe destacar a reflexión sobre aspectos que deben marcar o futuro do sector por exemplo, a necesidade de abrir os negocios cara ao exterior aproveitando o aumento gradual de turistas estranxeiros que ven no turismo rural nacional unha boa maneira de gozar das vacacións. Tamén se constatou a importancia de pór ao alcance do cliente aloxamentos de calidade e ofrecéndolles servizos adecuados ao seu perfil.

Barcelona, 9 de novembro de 2010

Antonio Díaz Fernández