jueves, 25 de abril de 2024

AGARIMADAS EN BADALONA

Grupo de voluntarios da organizacion da festa
Con este nome �??Agarimadas�?� levan polos escenarios amosando o seu arte un grupo de socios da A.C.G. Agarimos de Badalona, cun espectáculo no que amosan, a través da súa musica, danza e agarimo, o sentimento que os socios e directivos da entidade lle poñen a tódolos actos que ao longo de cada ano organizan, son, din eles, �??agarimadas�?� cousas feitas con cariño.
Así que podiamos dicir que esta festa é outra das �??agarimadas�?� que a Agrupación Cultural Galega �??AGARIMOS�?� de Badalona que preside, Xoán Prieto organizou o pasado fin de semana, a popular Festa Galega que cada ano os compoñentes de Agarimos celebran, polo seu aniversario, desde hai 13 anos. O parque �??Turó d�??en Caritg�?� foi o escenario onde se celebraron as actividades que durante os días 17, 18 e 19 de setembro lle deron cor galega á cidade de Badalona. Actividades que comezaron o veneres pola tarde cun recital de música galega a cargo do grupo AGARIMOS, despois do cal se celebrou una Cea de irmandade, para tódolos socios da entidade. O pregón da festa foi a cargo do poeta do Caurel afincado en Barcelona, Xesús Galán e o cantautor Alfredo González que musicou os seus poemas.
Asemade, se celebraron outras actividades como exposicións de libros e material de información de Galicia e do Camiño de Santiago etc., e concursos de debuxos para os cativos. No eido da música e danza galega actuaron os grupos: A.C. Agarimos, Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma, Cova da Serpe, A. C. G. Saudade e Centro Galego de Barcelona, Rosalía de Castro de Cornella, I. G. A Nosa Galiza de Mollet e Alborada da LLagosta, así como outros grupos locais como o catalán do Colexio Pere de Tera ou a charanga �??El Chupinazo.
Destacar a grande afluencia de público que acudiu ao fermoso parque, para disfrutar dunha festa galega na que se deron tódolos ingredientes, a boa música da orquestra galega SUPER FAMA, así como a degustación dos produtos galegas como, o Polbo a Feira, a quen lle dedicaron un día da festa, empanadas, lacóns e os viños galegos, entre outros manxares, que un grupo de voluntarios, socios de Agarimos, se encargaron de servir a tódolos asistentes á festa.
Durante a celebración desta festa, tamén fixeron a presentación do nº 13 d revista A PALLOZA, un anuario que a Entidade organizadora edita cada ano, no que se dá conta das actividades que ao longo do ano se realizan na agrupación, así como outros traballos de interese como reportaxes de información de lugares de interese cultural e turístico de Galicia como, O Saviñao, o Xacobeo, Rutas do Camiño, Melide, Verín e Viana do Bolo etc., a biografía do homenaxeado coas Letras Galegas Uxío Novoneyra, ou As Pallozas, e tamén un apartado de poesía galega, de varios autores.

Barcelona, 24 de setembro de 2010

Antonio Díaz Fernández