miércoles, 24 de abril de 2024

A PEGADA GALEGA EN TERRASSA

A cidade de Terrassa é coñecida tradicionalmente como a cidade do jazz, como a capital do hóckey herba, como unha importante cidade castellera, como o segundo campus universitario de Catalunya. Situada a 28 Km. de Barcelona, a cidade de Terrasa conta na actualidade cunha poboación de preto de 204.000 habitantes, entre os cales aínda hoxe atopamos un importante numero de galegos chegados a Terrasa durante a expansión industrial dos anos sesenta, que teñen como referente a Irmandade Galega o �??Noso Lar�?� que este ano cumpre 27 anos de vida.

A Irmandade Galega O Noso Lar, que hoxe preside, Antonio Rodríguez Rodríguez natural da Comarca do Bolo (Ourense) inaugurouse o 23 de outubro de 1982, coa presenza do profesor Xosé Filgueira, sendo naqueles momentos Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Entre as súas sinais de identidade podémola recoñecer na colectividade galega en Cataluña polo seu anagrama, a popular Palloza, que foi elixido a través dun concurso realizado nas escolas de primaria da cidade de Terrassa. Á presentación oficial do anagrama gañador asistiu o entón presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor.

Para conmemorar a efemérides, organizaron unhas xornadas de cultura e gastronomía Galega. Instalaron unha carpa no centro da cidade, na que se levaron a termo durante os díaz 23, 24, e 25 de outubro unha morea de actos, que comezaban o Venres 23 pola tardiña coa celebración dun evento simbólico, o casamento do Pulpo Galego e a Botifarra Catalana, escenificando así a comunión entre ámbalas dúas gastronomías, na cidade de Terrassa. Asemade, no recinto tiveron lugar outros eventos, como actuacións de música tradicional de Galicia e Catalunya, presentación de novos escritores en galego e catalán, exposición de libros e información sobre o Xacobeo 2010.

A demais o día 25 celebrouse un Xantar de aniversario ao que asistiron representantes do resto de entidades galegas de Catalunya, representantes de corporación municipal e diversas autoridades de Cataluña, entre os numerosos socios e amigos de Entidade Galega en Terrassa. Aos postres o cantautor galego residente en Catalunya, Alfredo González deleitou aos asistentes cun recital no que interpretou pezas típicas da súa autoría, en galego e catalán.

A exposición cultural amosada no interior da carpa contou cunha abundante afluencia de publico que puido ollar as ultimas publicación en galego, así como os libros de referencia da literatura galega. Tamén se podía ver unha prospectiva histórica da �??pegada galega�?� que a Irmandade Galega o Noso Lar deixou en Terrassa nos seus 27 anos de andadura, a través das referencias de hemeroteca, das actividades feitas, e a súa participación na vida sociocultural da cidade. Cabe significar tamén neste evento o espazo dedicado á promoción do Xacobeo 2010, con abundante información pola que se interesou numeroso publico.

Nos seus 27 anos de andadura a Irmandade Galega conseguiu ser un referente cultural galego na cidade de Terrassa e asentarse como unha das asociacións máis activas. Son moitas as actividades levada a cabo, exposición, cursos de formación, recitais musicais etc. Un dos actos de máis arraigo entre os habitantes de Terrassa seguramente sexa a popular Festa Galega, que celebran cada ano o segundo fin de semana de maio a �??Festa de Galicia en Terrassa�?�, coincidindo coas Letras Galegas, onde participan unhas 6.000 persoas. Entre as actividades desta festa, cabe destacar o pasacalle desde a sede da entidade ata o Concello onde, ao son das gaitas, adornan a Rambla de Terrassa co colorido dos traxes rexionais de Galicia.

A Xunta Directiva da entidade está actualmente composta por: Antonio Rodríguez (Presidente), Olga Fernández (Vicepresidenta), Sònia Martínez (Secretaria), Carmen Fernández (Vocal Cultura), Miguel Ares (Vocal Xuventude), Eladio Fernández (Vocal Festexos), Miguel González (Vocal Mantenimento), Lisardo Espín (Vocal organización interior, prensa e correspondencia) e Adriana Álvarez (Xestión Biblioteca).

A sede de o �??Noso Lar�?�, entre outras instalacións dispón (local social, bar..) dunha biblioteca duns 2.000 exemplares a disposición de toda persoa interesada na cultura galega en Terrassa, gratuitamente, situada na Rúa Conde Borrell, 34, tamén dispón da WEB onde se pode seguir as súas actividades: http://igonosolar.galeon.com