viernes, 29 de marzo de 2024

30 ANOS FACENDO CULTURA GALEGA EN CORNELLA

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que nestes intres preside o coruñés, Alfonso Rico García, acaba de rematar a conmemoración do seu trinta aniversario, 30 anos que cumpriu o pasado ano, celebrándoo cunha boa ringleira de actividades.
Seguindo a prol do fortalecemento do seu camiñar cultural e, entrando así, nun novo ciclo marcado pola rigorosidade no aproveitamento dos seus recursos, dado a situación de crise que tamén afecta ás entidades galegas no exterior, xa que os recortes drásticos na axudas institucionais son par botarse a chora, e inxustificados.

Neste contesto a A. C. G. Rosalía de Castro sigue camiñando polos vieiros de difundir e promover o seu compromiso, que é o de dar a coñecer Galicia e a súa cultura, a través das actividades que a cotío organiza, neste senso queremos darlles a coñecer as realizadas no ultimo mes, que comezou coa remodelación da súa Xunta Directiva levada a cabo pola dimisión da presidenta, Ana Belén Martinez, e aprobada na Asemblea Xeral que se celebrou o pasado 26 de febreiro, na que tamén se aprobaron, por unanimidade, outros puntos do orden do día como o estado actual de contas e o programa e presupostos para o seguinte ano.

A nova Xunta Directiva que saíu apoiada por tódolos socios asistentes na asemblea, queda composta polos seguintes membros:
Presidente: Alfonso Rico García
Vicepresidente: Antonio Díaz Fernández
Secretario: Antonio Rodríguez Cancio
Tesoureiro: Raúl Gómez Danta
Vocal I: Antonio Doneto
Vocal II: Ricardo Pérez Anta
Vocal III: Antonio Lombardía Fernández
Vocal IV: Xosé Carlos García González
Vocal V: Xulio Cougil Vázquez

No eido do desenrolo da súas actividades culturais e cívicas, comezaba o mes de marzo coa celebración da festividade do Entroido, un evento que na cidade do Cornellá ten unha tradición moi arraigada, e en esplendor nos últimos anos, e disto algo ten que ver a Entidade Galega, xa que nos seus trinta anos de andadura conseguiu ser una peza fundamental da vida socio cultural da Cidade. Este ano non foi distinto e despois de participar na Cabalgata que recorreu as principais rúas da cidade, celebrouse na seda da Entidade, o pasado día 6 de marzo, un Xantar de Entroido no que se degustaron os produtos tradicionais galegos traídos para este evento, como cada ano, de Galicia. A redor de 300 socios e amigos da entidade, entre os que se atopaban representantes da corporación municipal, se deron cita para celebrar como se merece o xuntoiro de don Entroido con Dñª. Coáresma, adornado ademais co tradicional baile carnavalesco que lle seguiu ao Xantar.

Co gallo do Dia Internacional da Muller traballadora, esta entidade celebrou una conferencia conmemorativa que versou Sober do tema �??O papel da Muller no Mundo Celta�?�, na que, Núria Pujol Sabaté, (Llicenciada en Historia Antiga, Prehistoria i Arqueologia per la Universitat de Barcelona) describiu na súa oratoria, acompañada de proxección de estampas relativas ao tema, una viaxe ao pasado para coñecer máis a fondo a cultura Celta e o papel da muller nesta época da Prehistoria. O acto estivo arroupado polas notas musicais do Grupo de Cantareiras da Asociación, e rematou cunha degustación gastronómica de pratos e receitas feitas polas mulleres da asociación que participaron activamente na organización deste acto, no que ademais tiveron a compañía doutras personalidades cornellenses como, as concelleiras, Aurora Mendo e Joanna Piñero e o �??Regidor Delegado de Acción Comunitaria�?�, José Manuel Parrado, así como a presidenta do �??Institut Municipal de la Dona�?�, Judit Ibáñez.

E para rematar o mes, unha excursión de fin de semana ás terras do Baixo Ebro para relaxarse e visitar a diversidade de lugares de interese como que esta zona de Cataluña nos ofrece.

Cornellá, 25 de marzo de 2011