miércoles, 05 de octubre de 2022

CADA VEZ REALIZAN MÁS SOLICITUDES DE INFORMACIÓN

EL PSdeG-PSOE de Ourense continúa con su labor informativa para los emigrantes retornados

Luís Gulín secretario Provincial de Migracións del PSdeG-PSOE de Ourense
Luís Gulín secretario Provincial de Migracións del PSdeG-PSOE de Ourense

El área de Migraciones del PSdeG-PSOE de Ourense realizó un trabajo de campo presencial a lo largo y ancho de la provincia de orientación e información para el colectivo de emigrantes retornados. También se atendieron durante todo el verano consultas y peticiones del resto de Galicia y de otras comunidades autónomas, incluso de personas preocupadas en Francia, Alemania y Suiza. “Una vez más constatamos que una buena información, documentada y contrastada, es la mejor arma contra bulos y datos erróneos”, destacan los y las socialistas.

Desde el año 2019 el PSdeG-PSOE de Ourense fue pionero en Galicia de informar al colectivo de retornados de Alemania sobre la posibilidad de obtener gratuitamente por parte de la hacienda alemana un certificado en español de los impuestos abonados allí, siendo absolutamente innecesario gastar dinero en traductores jurados. También se avisó por parte de los y las socialistas ourensanos de la obligatoriedad de enviar de oficio desde el año 2019 a Alemania una fe de vida entre los meses de enero y febrero de cada año a los organismos y entidades que abonan la pensión complementaria de la empresa (Betriebs o Firmenrente). En este mismo sentido, también se divulgó que desde ese mismo año 2019 los emigrantes residentes en Alemania tienen la obligación fiscal de informar a la hacienda germana, (Finanzamt) de la existencia de sus cuentas bancarias en España.  Fueron frecuentes las llamadas y correos en estos últimos meses de personas residentes en Alemania que se quejaban de que la Finanzamt pedía explicaciones sobre sus cuentas en el exterior.

Otra de las labores informativas por parte de los socialistas ourensanos fue explicar cómo optar al pago a plazos anticipadamente del famoso impuesto del 5 por ciento a Alemania, “siempre si la cantidad total a abonar fuese superior a 400 euros anuales y también se aclararon los casos de quienes están exentos de tributar por ese impuesto en Alemania y cómo solicitar la liberación, o si ya tributaron indebidamente por estar por debajo del límite exento (Grundfreibetrag), cómo recuperar ese dinero”, explica el secretario provincial del área de Migraciones, Luís Gulín.

También destaca la información aportada a los retornados en general, en este caso los que cobran exclusivamente pensión extranjera y ninguna española, como aplicar la Sentencia del TEAC del año 2021 que, tal y como explica Gulín, “por fin, reconoce que lo que se queda anualmente el organismo pagador extranjero de la pensión para tener asistencia sanitaria en España, son gastos deducibles en la declaración de la renta”. En este sentido, el secretario provincial de Migraciones destaca que “muy pocos hicieron la rectificación de la declaración de la renta de los años 2017 a 2019, instando a la Agencia Tributaria reconocer esos gastos en su momento no declarados y corregir la cuota a pagar y devolver lo que proceda”. En este caso sí hay que presentar una traducción jurada de la información fiscal que facilita la Seguridade Social extranjera.

______________________________________________________________________________________________________

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa cumprindo coa súa labor informativa ao colectivo de emigrantes retornados, que cada vez realizan máis solicitudes de información

“Unha vez máis constatamos que unha boa información, documentada e contrastada, é a mellor arma contra bulos e datos erróneos”, destacan os e as socialistas

O PSdeG-PSOE de Ourense foi pioneiro en Galicia de informar o colectivo de retornados de Alemaña sobre a posibilidade de obter gratuitamente por parte da Facenda alemá un certificado en español dos impostos abonados alí

A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense realizou un traballo de campo presencial ao longo e ancho da provincia de orientación e información cara ao colectivo de emigrantes retornados. Tamén se atenderon durante todo o verán consultas e peticións do resto de Galicia e doutras comunidades autónomas, mesmo de persoas preocupadas en Francia, Alemaña e Suíza. “Unha vez máis constatamos que unha boa información, documentada e contrastada, é a mellor arma contra bulos e datos erróneos”, destacan os e as socialistas.

Desde o ano 2019 o PSdeG-PSOE de Ourense foi pioneiro en Galicia de informar o colectivo de retornados de Alemaña sobre a posibilidade de obter gratuitamente por parte da Facenda alemá un certificado en español dos impostos abonados alí, sendo absolutamente innecesario gastar diñeiro en tradutores xurados. Tamén se avisou por parte dos e das socialistas ourensáns da obrigatoriedade de enviar de oficio desde o ano 2019 a Alemaña unha fe de vida entre os meses de xaneiro e febreiro de cada ano aos organismos e entidades que abonan a pensión complementaria da empresa (Betriebs ou Firmenrente). Neste mesmo senso, tamén se divulgou que desde ese mesmo ano 2019 os emigrantes residentes en Alemaña teñen a obrigación fiscal de informar á Facenda xermana (Finanzamt) da existencia das súas contas bancarias en España.  Foron frecuentas as chamadas e correos estes últimos meses de persoas residentes en Alemaña que se queixaban de que o Finanzamt pedía explicacións sobre as súas contas no exterior.

Outra dos labores informativos por parte dos socialistas ourensáns foi explicar como optar ao pago a prazos anticipadamente do famoso imposto do 5 por cento a Alemaña, “sempre se a cantidade total a abonar é superior a 400 euros anuais e tamén se aclararon os casos de quen están exentos de tributar por ese imposto en Alemaña e como solicitar a liberación, ou se xa tributaron indebidamente por estar por baixo do límite exento (Grundfreibetrag), como recuperar ese diñeiro”, explica o secretario provincial da área de migracións, Luís Gulín.

Tamén destaca a información aportada aos retornados en xeral, neste caso os que cobran exclusivamente pensión estranxeira e ningunha española, como aplicar a sentenza do TEAC do ano 2021 que tal e como explica Gulín, “por fin, recoñece, que o que queda anualmente o organismo pagador estranxeiro da pensión para ter asistencia sanitaria en España, son gastos deducibles na declaración da renda”. Neste senso, o secretario provincial de migracións destaca que “moi poucos fixeron a rectificación da declaración da renda dos anos 2017 a 2019, instando á Axencia Tributaria recoñecer eses gastos no seu momento non declarados e corrixir a cota a pagar e devolver o que proceda”. Neste caso si hai que presentar unha tradución xurada da información fiscal que facilita a Seguridade social estranxeira.