viernes, 19 de abril de 2024

La Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña presentó el libro “FEGALCAT 30 ANOS”

FEGALCAT PRESENTACIÓN LIBRO

Presentouse na sede do Seminario de Estudos Galegos en Santiago a publicación “FEGALCAT 30 ANOS” da autoría do asesor da Deputación de Ourense, Manoel Carrete.

O acto contou coa participación do autor Manuel Carrete, do Secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; a secretaria da Fegalcat e presidenta de Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, Marisol Pérez; do crítico literario, Armando Requeixo; e do vicepresidente da A.C.G. Alborada da Llagosta, Jose Ramón Regueira.

A publicación divídese en unha breve historia da emigración en Cataluña, unha reseña de cada unha  das entidades que compoñen a  Fegalcat con fotografías aportadas por esas entidades e ás fotografías dos actos que  leva a cabo dita entidade  ao longo da súa historia como: premios Alecrín, Letras Galegas, Xuntanza de Coros...

Esta publicación distribúese gratuitamente nas entidades que compoñen a Fegalcat e colabora a Xunta de Galicia, Ajuntament de Barcelona, Obra Social de La Caixa, Generalitat de Cataluña, Diputación de Barcelona; así como as entidades que compoñen dita organización e os concellos aos que pertencen.