martes, 23 de abril de 2024

O GOBERNO GALEGO DESTINA ESTE ANO 1,72 MILLÓNS DE EUROS IMPULSANDO A CAPTACIÓN DUN TOTAL DE 200 TITULADOS UNIVERSITARIOS

A convocatoria de Bolsas BEME, Becas Excelencia Juventud Exterior, obtén o maior número de solicitudes

Galicia Miranda Becas BEME web
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración

Galicia ten unha débeda impagable con todos aqueles que se viron obrigados a abandonar a súa terra de orixe para abrirse camino no exterior.

Esta débeda está sendo saldada con iniciativas como as Becas Excelencia Juventud Exterior (BEME) da Secretaría Xeral da Emigración enmarcadas na Estratexia Retorna da Xunta de Galicia.

O pasado 30 de abril rematou o prazo de presentación de solicitudes para o próximo curso 2021/22 para que galegos ou descendentes de galegos do exterior poidan facer mestrados nas tres universidades galegas e fixoo co maior número de solicitudes da súa historia.

Unha das principais novidades desta convocatoria foi o aumento do número de bolsas que ascenderá ata as 200 no vindeiro curso fronte as 150 do pasado que se viu afectado por las restriccións causadas pola pandemia da covid-19.

Un total de 687universitarios galegos iniciaron os trámites para a solicitude das bolsas, dos que ao final 470 puiderona completa ron, un 55% máis con respecto ao ano anterior.

Por outra banda cabe destacar a diversidade en canto a orixe dos demandantes xa que este ano, presentáronse ás becas galegos ou descendentes de galegos de 30países distintos, destacando Argentina, entre os americanos e Reino Unido entre os europeos. Como novidade na convocatoria deste ano, convén salientar que por primeira vez presentáronse universitarios de países que nunca solicitaran beca, como Cabo Verde, Dinamarca, Guatemala ou Perú.

O Goberno galego destina 1,72 millóns de euros impulsando a captación dun total de 200 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cun ha titulación de grao, licenciatura, enxeñería ou arquitectura, que poderán cursar estudos de máster nalgunha das tres universidades galegas.

Os beneficiarios son galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, e deben acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admi-tido na prescrición dalgún dos mestrados das universidades galegas. 

A bolsa, cuxo importe é de 7.000 ou 7.650 euros por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles que se matriculen nun curso de maior duración (90 créditos) disporán dun orzamento totalde ata 11.475 euros.

No actual curso 2020/21, 162 estudantes atópanse realizando un dos 146 mestrado que ofrecen a USC, a UVigo e a UDC, xa que algún dos matriculados do ano anterior aínda continúan desenvolvendo os seus estudos que constan de 90 créditos. Neste sentido, todos os beneficiarios destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade.