martes, 16 de abril de 2024

Chema Ferreiro: “O voto rogado non está cumprindo a súa función, hai intereses partidistas"

 chemaferreirook
Chema Ferreiro

O histórico nacionalista ourensán Chema Ferreiro xa é doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Acadouno o pasado venres pola súa tese "Dereitos Políticos dos Emigrantes Galegos, Galeguidade e o Voto Emigrante", que profundiza na evolución do voto do exterior e todo o seu contexto. 

Por qué elixiu este tema para facer a tese?

Sempre tiven un interese especial por coñecer e visibilizar o traballo dos emigrantes galegos dispersos polo mundo, así como o das asociacións e centros culturais de cada país. Pretendo básicamente poñer en valor este traballo. Fago unha descrición do que se fixo polo mundo adiante relativo a estas cuestións, e para que non se perda o inmenso patrimonio cultural que existe en moitas zonas.

Cales son os puntos e conclusións clave do seu traballo?

Na tese poño de manifesto que débese garantir a participación dos emigrantes nos procesos de eleccións. Hai moitas dúbidas no sistema actual. O voto rogado non está cumprindo a súa función, porque responde moitas veces a intereses partidistas. Poderíase asinar a circunscripción única da emigración, asinando, por exemplo, deputados específicos no Parlamento para garantir os dereitos dos galegos no extranxeiro. Solventaría as reservas que existen. E deben asinarse convenios de colaboración entre entidades para potenciar os centros sociais e culturais galegos noutros países, incluíndo á xente nova, ou estas institucións tenderán á desaparición. Fálase de que o fenómeno da emigración rematou, e non é así.

Qué lectura fai da participación de tan só o 1% de ourensanos no extranxeiro nas pasadas eleccións autonómicas?

Pois que no extranxeiro, moitos servizos de mensaxería son privados, e isto tende a causar ambigüedades e perxudicar aos emigrantes. Temos que velar por unhas condicións incontestables e transparentes, porque existe un pouco de instrumentalización no voto emigrante. Eles só queren participar na vida política de Galicia. Haberá que homologalos para que poidan facelo con garantías. Pode que agora, co covid, sexa válida a xustificación da caída da participación, pero antes non. Temos que dignificar ao emigrante, e que os partidos políticos non se acorden deles soamente en época de eleccións, porque, nestas non, pero no 1997, o BNG obtivemos os mesmos resultados ca este ano, que quedaron en 18 porque o voto exterior restounos un. Imaxina agora que ese voto é esencial para decidir a maioría.

E as segundas e terceiras xeracións de emigrantes, que facemos con eles?

Non estou a favor do "supercidadán". Tendo dobre nacionalidade, debes elixir onde queres exercer o teu dereito. Isto pasaba antes nas eleccións municipais, onde gañaba un alcalde votado por xente que nunca pisou a localidade. Na tese expoño que podería medirse ou ben con 5 anos ininterrumpidos de residencia, ou ben con 10 anos de mobilidade entre países.

É difícil cambiar a lei que regula esta casuística?

Van a facerse cambios. É posible que se deroge o voto rogado. Se pasa isto, volvemos á incertidume, como nos tempos nos que un representante votaba por 200 persoas, ou unha persoa levaba as papeletas de toda a familia, ou alguén sobornaba aos servizos postais doutros países para paralizar o proceso ou modificar datos. Ten que existir unha transparencia exquisita nesta cuestión, e o método para facelo, como expoño na tese, pasa pola circunscripción pública da emigración. O voto electrónico aínda ten riscos. Mesmo as institucións consulares dicían que non existían garantías de voto limpo! E iso non o digo eu, son declaracións das actas oficiais.

Debe modernizarse a visión da cultural galega no exterior?

Debemos ser máis ambiciosos. Hai que actualizarse, e potenciar os espazos dos centros culturais e sociais. Con recursos, podes facer unha difusión máis ampla, e engadir acontecementos actuais aos programas culturais.