Sábado, 14 de diciembre de 2019

ESTRATEXIA RETORNA 2020: AXUDA AO RETORNADO EMPRENDEDOR

Estratexia Retorna 2020: Cafés con sabor a retorno

Café Europa, na rúa Ramón Puga, é un proxecto empresarial que foi posible gracias a Estratexia Retorna 2020
Café Europa, na rúa Ramón Puga, é un proxecto empresarial que foi posible gracias a Estratexia Retorna 2020

As axudas ao Retornado Emprendedor fan posible que moitos emigrantes e descendentes de emigrantes galegos poidan poñer en marcha varios proxectos comerciais e empresarial en Galicia, creando postos de traballo e desenvolvemto una actividade que activa o tecido social e económico da nosa terra.

A Estratexia Retorna 2020 contén preto de 25 medidas unicamente destinadas a fomentar e promover o autoemprego e a contratación entre galegos retornados. As Axudas ao Retornado Emprendedor, convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración, ten feito posible a creación dun total de máis de 120 negocios desde a súa posta en marcha a través de subvencións que alcanzan os 8.000 euros.

José Francisco Gonzáles López, como moitos fillos de emigrantes que partiron dende Galicia a Venezuela no século pasado, mudouse a Galicia no ano 2016. "Eu crieime alí, con ambas costumes. Pola situación que está a vivir o país toda a familia decidiu voltar a Galicia de xeito paulatino: primeiro os méus avós, logo a meu irmçan, logo a miña irmá, despois eu e o final os meus páis".

Nada máis chegar a Ourense "empezamos a buscar a posibilidade de por en marcha un negocio familiar, e a principios de 2017 coñecimos este tipo de axudas aos retornados". O caso de José Francisco é o exemplo de moitos retornados que destacan polo seu afán de emprendemento, de saír adiante, en especial de gran número de venezolanos que están regresando nos últimos anos.

A Estratexia Retorna 2020 contén medidas destinadas ao autoemprego e a contratación de galegos retornados

Neto de ourensáns por parte de nai, José Francisco chegou a Ourense "con 29 anos, e ao estar todos en familia apostamos por por en marcha un negocio de parking e lavado de coches moi céntrico, na Avenida de Buenos Aires, fronte a Praza de San Antonio. Tiña clientela fixa e estaba contento, pero o prezo de alugueiro volveuse prohibitivo", destaca José Francisco.

Nese inte "decidimos entón, cambiar o negocio, algo que non sería posible sen as Axudas ao Retornado Emprendedor. A xestión foi cómoda, foi un proceso rápido que despois da súa aprobación so tardou unhas poucas semanas en ser efectiva. A verdade e que foi un diñeiro moi importante, que permitiunos coller unha cafetería, Café Bar Europa, que está xunto á Residencia Sanitaria e agora leva varios meses funcionando con unha clientela habitual que está contenta tanto coa nos proposta como co noso servicio e atención cara eles"

As Axudas ao Retornado Emprendedor permiten dar contías de ata 8.000 euros para fomentar o autoemprego entre os galegos do exterior que regresen a Galicia . A día de hoxe son máis de 125 os proxectos que este programa, posto en marcha polo Executivo galego, permitiu facer realidade na comunidade autónoma.

Convocatoria aberta ata o 30 de setembro

Ao igual que no caso de José Francisco Gonzales, os principais destinatarios da Estratexia retorna 2020 son os emigrantes como os seus descendentes. O  programa de Axudas ao Retornado Emprendedor mantén aberta a súa convocatoria de 2019 ata o luns 30 de setembro. Estas axudas promoven o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas. O obxecto da axuda é subvencionar os gastos que conleva o estabrecemento dos retornados como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Datos de retorno en Ourense

A provincia de Ourense é a terceira que experimenta un maior retorno en 2018, coa volta de 1.360 galegos, é dicir, o 19,36% do total.

• Deles 624, máis do 45,88%, son menores de 45 anos, e 1.017 persoas, o 74,78% do total, teñen menos de 65 anos.