Martes, 20 de agosto de 2019

ESTRATEXIA RETORNA 2020: AXUDAS AO RETORNADO EMPRENDEDOR

Estratexia Retorna 2020: Aposta por un retorno laboral activo

O saldo migratorio de Galicia foi positivo en 2018
O saldo migratorio de Galicia foi positivo en 2018

Galicia non deixou de estar presente na vida de moitos emigrantes e os seus descendentes, que dende o exterior ven como a comunidade autonoma galega ofrece novas oportunidades laborais e empresariais, con axudas ao retorno para activar o autoemprego e a posta en marcha de todo tipo de proxectos laborais.

A imaxe de Galicia no exterior é moi atractiva neste aspecto, especialmente para os xóvenes que buscan novos camiños profesionais, xa que o saldo migratorio da comunidade foi positivo en 2018 en 13.136 persoas, das que 7.014 son menores de 30 anos.

No caso das persoas procedentes doutros países, a comunidade autónoma recibiu 12.884 habitantes máis dos que saíron, un incremento que case dobra (un 98,82% máis) a cifra do ano 2017, cando entraron en territorio galego 6.882 persoas máis das que saíron.

Os retornados ven grandes posibilidades en Galicia a hora de iniciar diferentes iniciativas empresarias, en especial no autoemprego.

No eido estritamente laboral, ás Axudas ao Retornado Emprendedor súmanse outras máis de 20 recollidas na Estratexia Retorna 2020 con incentivos específicos que tamén van dirixidas a facilitar precisamente  o autoemprego e a contratación de retornados, beneficiando tanto a empresas coma a traballadores.

Requisitos

Unha das dúbidas máis comúns entre os retornados á hora de requerir estas axudas son os requisitos necesarios. Poderan optar ao programa de axudas aos retornados emprendedores os galegos de nacemento, os seus cónxuxes ou persoas cunha unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega.

Ademais deste programa propio da Secretaría Xeral da Emigración, o Goberno galego está a fomentar, a través dunha estratexia transversal na que están implicados outros departamentos autonómicos, tanto a contratación de traballadores coma a creación de autoemprego para emigrantes galegos retornados.

O obxectivo da Estratexia Retorna 2020, que implica a todos departamentos do Goberno galego, é facilitar o regreso a Comunidade Autónoma de Galicia de máis de 20.000 galegos ata 2020, dos que 12.000 teñan menos de 45 anos.

Datos demográficos

Aumento

Cada vez son máis os emigrantes galegos e descendentes de galegos no exterior que voltan á comunidade autónoma para emprender novos proxectos empresariais ou unha nova carreira laboral, apostando por todo tipo de iniciativas que abarcan dende o traballo para terceiros ata o autoemprego. Nosúltimos dez anos o retorno a Galicia multiplicouse por máis de dous, medrando un 127%, pasando dos 3.085 de 2009 aos 7.024 de 2018 . Por outra banda a colonia galega no fora de Galicia segue a ser moi importante, xa que o número de galegos residentes no exterior chegou aos 519.646, mentres segue a diminuír o de emigrantes que naceron en Galicia e marcharon ao estranxeiro, mantendo a tendencia dos últimos anos e decrecendo en 2.549 persoas. A Estratexia Retorna 2020 está pensada para eles, tanto os emigrantes como os seus descendentes.