REACCIONES DE LA OPOSICIÓN

Ana Pontón desprecia as propostas de Alfonso Rueda no debate de investidura

Ana Pontón, onte falando diante dos medios.
photo_camera Ana Pontón, onte falando diante dos medios.

A líder do BNG di que Rueda debuxa “a imaxe idílica” de Galicia que “constrúe” a TVG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de “tremendamente preocupante” o contido do dicurso de investidura do candidato do PP á Xunta, Alfonso Rueda, porque “demostra que non ten ningunha idea nova” máis alá das mesmas “promesas enlatadas” ás que engade “cambios de cromos” na organización do Goberno galego cos que agochar a súa falta de proxecto de país.

Fronte as críticas lanzadas estes días atrás polo PP de que os nacionalistas compadecen nesta nova lexislatura con propostas “resesas” polo paso do tempo, a portavoz nacional do BNG replicou coa mensaxe de Rueda tamén se repite.

Na súa comparecencia ante os medios, Pontón incidiu en que o discurso de Rueda “podería ser o de hai dous anos, o de hai catro ou o de hai oito”. É, proclamou, “o discurso do día da marmota”. Considerou que Rueda cae nas “mesmas promesas enltadas” sen ofrecer un novo horizonte aos galegos nun momento “no que cambian con rapidez as cousas no mundo”.

Preguntouse “onde están os grandes proxectos estratéxicos nun momento no que todo cambia de forma acelerada?”. 

E afirmou que Alfonso Rueda debuxou no seu discurso “a imaxe idílica” de Galicia “que constrúe a TVG para maior gloria do PP” na que non existen as listas de espera en atención primaria, “non hai nenos sen pediatra”, “non hai xente que segue reclamando poder vivir do seu traballo no campo ou a pesca” e “non hai mozas que ven obrigados a coller a maleta” por falta de oportunidades para os seus proxectos de vida.

Preguntada polo pacto pola industria que ofreceu Rueda, Pontón rexeitou unha oferta que considera “na práctica unha bendición ás políticas do PP”.

“Non hai oferta de pacto. O que se ofrece é que apoiemos unha política de espolio eólico no país”, sentenciou antes de afirmar que “todo” o proposto “xa se aprobou na lei de acompañamento” aos orzamentos.

“Non é pacto, é rendición”

A portavoz do BNG incidiu en que o Bloque “ten a man tendida” sempre que Alfonso Rueda “queira cambiar” un modelo que, ao seu xuízo, supón pasar por riba da xente do mar e da pesca coa instalación de proxectos de eólica mariña en “caladoiros”, e por riba tamén da conservación do medio natural do país. “O que se propuxo non é un pacto, é unha rendición”, subliñou. Sobre os axustes na estrutura do Goberno galego, Pontón considerou que se trata de cambios orientados a “esconder” que “non vai cambiar nada” nas políticas e medidas que se porán en marcha. Ao seu xuízo, trátase de “tentar suplir a falta de proxecto de país con cambios cosméticos e cambios de cromos”, o que “demostra a incapacidade de enfrontar un momento tan importante no que Galicia merecería un goberno á altura do que se precisa”.

Te puede interesar