Viernes, 10 de abril de 2020

Coronavirus en Inglaterra: “Aquí xa se illan eles na vida diaria"

Calles del Reino Unido vacías (EFE)
Calles del Reino Unido vacías (EFE)

pandemia global do coronavirus asúmese de xeito diferente no Reino Unido, cunha estratexia baseada ata o de agora en recomendar o contacto non esencial e os viaxes innecesarios, e chamando ao confinamento as familias que teñan un familiar con febre ou tos. O ourensán Xan Bieito Cao reside en Portsmouth, unha localidade que ronda os cen contaxiados dos case dous mil casos de todo o país. A principal zona afectada, como sucede en España con Madrid, é a capital, Londres.

Explica que de momento, os británicos guíanse polas “recomendacións do Goberno”, que están a plantexar en futuras leis. “Na miña comunidade tivemos unha infectada, que chegou de Italia”, conta Cao. A súa zona de residencia non é das máis afectadas do Reino Unido e móvese polas zonas rurais do seu país: “Ahí non hai moito problema”, apunta. Cao traballa nunha escola de educación especial, que  pechará a partir de mañá tral decisión de Boris Johnson sobre clausurar  os colexios, tomada onte: “Estou contento porque hai moitos nenos vulnerables e esta é o mellor para a súa seguridade".

Xan Bieto Cao web

Ata o de agora, os maiores son os que máis precaucións están tomando na zona na que reside, xa que son os de máis risco. Na súa escola, a directora xa adoptara medidas previas ao peche decretado onte. No caso de Cao tócalle quedar na casa, xa que non pode traballarce así estar máis tempo no fogar, algo común entre os británicos: “Aquí xa se illan eles na vida diaria, non son moito de saír, polo que cumplen co recomendado”. Para Cao, os cidadáns británicos son “moi responsables” e tomaron conciencia en seguida do que estaba acontecendo no mundo: “Xa lle rifaban a xente que viaxaba por calquera cousa aos que chamaban irresponsables”, conta e di que son capaces de “autogobernarse”.

A distancia, "cultural"

 A forma de ser dos británicos xoga ao seu favor ante esta crise, según Cao: “Aquí a distancia entre as persoas é algo cultural, na rúa xa non se paran a falar”. Todo esto permite que os métodos de prevención funcioen mellor, aínda que non impidan a expansión do virus.  Coa situación en España, viuse obrigado a cancelar unha viaxe en Semana Santa: "Teño billetes para Tenerife, pero xa non vou ir tal".