Comparativa seguros de coche
Viernes 10 de septiembre de 2010
Última actualización: 07:50
Última actualización: 07:50
Última hora:
Hai uns días asistía en Sabadell (Barcelona) á presentación dunha nova edición da Revista Nós, un anuario que desde hai 11 anos ven editando o Centro Galego Nós, que nestes intres preside, Manuel Vázquez Osorio, e que precisamente este ano celebrou o seu 31 cumpleanos.

O avento tivo lugar nun dos máis emblemáticos hoteis da Cidade de Sabadell, no que organizaron una cea de irmandade á que asistiron máis de 300 persoas, socios e amigos da entidade, e na que ademais da presentación da revista se rendeu unha merecida homenaxe a un dos socios máis significativos do Centro Galego como é, Roxelio Martinez Lodos que o presidiu durante 19 anos.
Nesta edición da Revista Nós, que dirixe desde a súa fundación o profesor, Xulio Couxil, amosásenos cunha exquisita presentación temática, e podemos mergullarnos na lectura de importantes traballos xornalísticos de temáticas galega ou catalana, de contidos interesantes sobre cultura, arte e paisaxística galega, colaboracións de personaxes importantes da escrita como Fina Casalderrey, Anxos Sumai, Noelia Rodríguez, Suso López, Simón Saura, Joan Saumoy, entre outros, así como o retrato narrativo feito por socios do Centro como Manolo Vázquez ou Horacio Gutiérrez destes 31 anos de pegada galega en Sabadell, a través das actividades que o Centro Galego organiza.
Mais, a verdadeira razón de celebrar esta cea foi a de renderlle a homenaxe a Roxelio Martinez, que xa o pasado ano por estas datas nos anunciaba que deixaba a presidencia do Centro Galego Nós, xa que nos últimos anos a súa saúde tivo certo devezo por culpa dunha enfermidade da que afortunadamente xa está recuperado, mais iso xunto con outros motivos persoais e familiares fixeron que considerase necesario pasar a segunda fila.
En recoñecemento a súa labor ao fronte da entidade a actual Xunta Directiva xunto cos socios fixéronlle entrega da Medalla de Ouro da entidade, nun acto no que estivo arroupado pola súa muller, Pepita Díaz, os seus fillos e netos, así como por unha morea de amigos que non quixeron faltar a esta merecida homenaxe, amigos como o alcalde de Sabadell, Manuel Bustos, o de Trabada (Lugo), Xosé Manuel Yanes, o presidente da Fundación Galicia Universal, Ernesto Lagarón, así como o resto de presidentes das entidades galegas en Cataluña, que xunto cos socios do Centro e representantes das entidades sócio-culturais de Sabadell acompañaron ao homenaxeado nun acto no que se desglosou a figura de Rogelio e a súa contribución a construción da convivencia cultural e cívica na Cidade de Sabadell á que chegou no ano 1963, así como na colectividade galega en Cataluña.