A variación interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) en Galicia situouse no 0,9% no pasado mes de febreiro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do exercicio anterior situouse unha décima por riba da media do conxunto de España (0,8%). Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que recollen que o IPC descendeu o pasado mes un – 0,3%, unha décima máis que no conxunto do Estado (-0,2%).
Os servizos técnicos da Consellería de Facenda levarán a cabo nos próximos meses unha campaña de inspección e control para garantir a total transparencia das comisións das entidades bancarias. Así o anunciou hoxe no Parlamento a titular de Facenda, Marta Fernández Currás, en resposta a unha pregunta oral sobre o control e encarecemento das comisións bancarias.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, cifrou entre 10 e 12 millóns de euros as perdas económicas que provocará a decisión do Goberno central de non celebrar un Premio Extraordinario de Lotería Nacional a prol do Xacobeo 2010 na cidade de Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia destina para o ano 2010 máis de 1.800 millóns de euros a políticas activas de emprego, desenvolvemento e modernización empresarial, infraestruturas e a I+D+i co obxectivo de diminuír as consecuencias da actual crise económica.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, denunciou hoxe “abuso de poder” por parte do Estado na negociación sobre a lei de caixas galega, aprobada polo Parlamento galego o pasado mes de decembro e recorrida polo Goberno central por considerar once puntos inconstitucionais.
Galicia participa na II convocatoria de Proxectos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013 que conta cun orzamento global de 125,5 millóns de euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo para a presentación das solicitudes está aberto ata o 31 de maio de 2010.
A Xunta de Galicia enviou hoxe ao Goberno central unha alternativa aos cinco puntos que aínda están en discusión sobre a lei de caixas galega para desbloquear a situación, logo de que o Executivo central leve dez días sen querer fixar unha reunión para acadar un acordo.
A Xunta insistiu hoxe en pedir ao Goberno central que cumpra o seu compromiso de enviar unha proposta sobre os puntos da lei de caixas galega sobre os que aínda non existe acordo para poder seguir negociando co obxectivo de desbloquear a normativa galega o antes posible.