viernes, 29 de marzo de 2024

CHANGE.ORG

Personalidades piden en Change.org la salvación del Centro Gallego de BsAs

Captura de pantalla 2018-02-10 a la(s) 09.45.17

Las repetidas llamadas agónicas de la colectividad gallega de Argentina para salvar el Centro Gallego de Buenos Aires, que ha sufrido en los últimos años y según sus socios " el expolio " y como consecuencia una decadencia que lo abocada a la desaparición, tienen eco ahora en una petición planteada en la página change.org, a la que se han adherido más de una treintena de personalidades de la colectividad, universidad y cultura gallegas;  a través de una manifiesto "Por la defensa y el Porvenir del Centro Gallego de Buenos Aires".

La petición que se acerca a las 2.000 firmas, está dirigida a la Xunta de Galicia, pero también a todas las entidades y sociedad gallega.

 

MANIFESTO POLA DEFENSA E PORVIR DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES

O Centro Galego de Bos Aires, entidade emblemática da diáspora galega no mundo, que tivo na súa centenaria vida institucional unha actuación consecuente de defensa e promoción social, cultural e económica da Galicia territorial e da emigración porteña, hoxe require da cidadanía galega unha posición firme de defensa ante o perigo da súa desaparición.

Atendendo ao anterior, os galegos e galegas queremos facer un chamamento á sociedade e aos nosos representantes políticos (Xunta de Galicia, Parlamento Galego, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, as Universidades Galegas e outras institucións e colectivos sociais e culturais de Galicia e da diáspora) co obxectivo de salientar a transcendental importancia que supón o feito de conservar unido todo o patrimonio inmobiliario, artístico e cultural que conforma o Centro Galego de Bos Aires.

Na defensa deste enorme acervo material e inmaterial común aos galegos e galegas de acó e acolá, queremos e debemos ser respectuosos coas leis arxentinas que protexen os seus bens artísticos e culturais, coa colectividade galega do mundo que conforma unha Galicia universal allea a lindeiros artificiais e, asemade, coas decisións soberanas das agrupacións do Centro Galego que traballan arreo na resolución deste conflito que compromete seriamente a prestación médica de calidade e o mantemento dos postos de traballo.

Do mesmo xeito, respectamos o noso sentir sobre a tradición mutualista, cultural, solidaria, galeguista e republicana que durante a longa noite do franquismo soubo manter acesa a luz da palabra, da razón, da democracia, da convivencia e da irmandade coa Terra Nai. Esa enorme tradición comunitaria de traballo, que brindamos á cultura do país de acollida, é enteiramente nosa, enteiramente galega, e maniféstase no patrimonio que queremos protexer e proxectar con fachenda cara ao futuro.

Por todo isto, os galegos e galegas demandamos da Xunta de Galicia e mesmo do Goberno Español –a través do Ministerio de Asuntos Exteriores– actuacións concretas diante do Goberno Arxentino encamiñadas a solucionar definitivamente o gravísimo problema polo que atravesa a centenaria institución. Reclamamos, en primeiro lugar, vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade dos actuais socios e socias e a protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial... e solicitamos esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Buenos Aires.

A simboloxía do edificio e a función sanitaria, social e cultural do actual Centro Galego ofrece moitas e moi variadas posibilidades para que a Galicia do século XXI siga sendo unha das identidades que conforman a capital porteña, a grande metrópole –como lle chamou Otero Pedrayo– que acolleu a milleiros de galegos e galegas, orgullo da nosa estirpe no mundo, símbolo histórico da galeguidade universal, corazón de Galicia e sangue nutricio da República Arxentina.

Rianxo, 29 de xaneiro de 2018

(No 132 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao)

 ADHIREN:

Francisco López “Chesqui”, Secretario Xeral do Partido Galeguista

Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega

Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega

Juan Viaño Rey, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor da Universidade de Vigo

Julio Abal de Alonso, Reitor da Universidade da Coruña

José María Vila Alén, Presidente do Centro Galicia de Bos Aires

Diego A. Martínez Duro, Pte. da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina

Lorena Lores Doural, Sec. Xeral da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina

Carlos X. Rodríguez Brandeiro, Director do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires

Beatriz Lagoa, Presidenta do Centro de Betanzos de Bos Aires

Xesús Alonso Montero, ex Presidente da Real Academia Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín, ex Presidente da Real Academia Galega      

Manuel Rivas, Escritor

Luís González Tosar, Escritor

Suso de Toro, Escritor

María Xosé Porteiro, Xornalista

Justo Beramendi González, Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

Francisco Domínguez Martínez, Director da Fundación Penzol

Antonio Dieter Moure, ex Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia

Xesús Manuel Suárez García, Médico

Mª Teresa Táboas Veleiro, Arquitecta

Inma López Silva, Escritora

Xosé Estévez Rodríguez, Historiador

Xavier Vence Deza, Docente

Olegario Sotelo Blanco, Editor

F. Xabier González Sotelo, Escritor

Afonso Vázquez Monxardín, Docente

Xosé Ramón Pena, Escritor

Acisclo Manzano, Escultor

Lito Prado Rodríguez, Educador Social

Xan Leira, Director de cinema